30/12/21

Lectura e Familias siiiiii!!!

 A Bibliocovas acaba de ser seleccionada para desenvolver o Programa Lectura e Familias.

Xunto coa biblio Creativo son os dous novos retos que sumamos este curso.

Estamos emocionad@s ao tempo que orgullos@s de que o noso proxecto fora seleccionado 😍😍😍😍😍😍

Toda a info aquí ....




       



  




       



  


21/12/21

Pechamos o Mercado Bailando!!!!!

 Non había mellor maneira que facelo bailando. Aquí vos deixamos aos nenos, nenas e profesorado do noso cole bailando "All I want for christmas is you"

😍😍😍😍😍😍😍😍





       



20/12/21

MERCADO DE NADAL "COVASMOLA"

Todo preparado para celebrar o primeiro Mercado de Nadal "Covasmola".


En que consiste o noso mercado?

O noso Proxecto Documental Integrado (PDI) sabedes que se chama Covasmola e que nel traballamos, principalmente, tres eixos:

  1. Alimentación saudable.
  2. Sustentabilidade.
  3. Mobilidade.

Pois para facer o noso Mercado creamos unha moeda, os "Covasmola", e emitimos billetes de 1, 2 e 5 Covasmola. 


 


 

Como se poden conseguir estes cartos?

Durante o mes de desembro realizamos un rexistro nas aulas das merendas, recipientes reutilizables e desprazamentos ata a escola. Deste xeito cada día que os nenos e nenas traían a merenda respectanto o calendario gañaban 1 Covasmola, cando esa merenda viña sen plásticos e en envases reutilizables gañaban 2 Covasmola e cada día que chegaban ao cole a pé, en bici ou en patíns gañaban 5 Covasmola.


 


 

Fixemos o reconto dos cartos (viva o ABN!!!) 



Os cartos gañados poden empregarse no Mercado de Nadal coa seguinte lista de prezos:


 

Así que todo preparado para recibirvos. Os nen@s de sexto venden libros do espurgo, marcapáxinas, farois, chapas, pulseiras, tatoos e lápices. Esperamos que o disfrutedes 😍😍😍😍😍😍



















 

 
E tamén agardamos a chegada dos Reis Magos á nosa Bibliocovas na que contamos coa colaboración da ANPA.
QUE EMOCIÓN!!!!!