25/4/21

DÍA DO LIBRO BOOKFACE

 O Departamento de Orientación do cole fixo este bookface para conmemorar o Día do Libro.

Os libros están todos relacionados coa inclusión.



21/4/21

CREAcción -DÍA MUNDIAL DO LIBRO E OS DEREITOS DE AUTOR

 Hoxe 23 de abril é o Día do Libro!!!

Os nenos e nenas de 6º de primaria tíñanlle preparada unha sorpresa a Lolo, a nosa mascota da biblioteca.

Xa sabedes que eles son Diamante Compañía de Ópera, a primeira compañía que tivo o noso cole dentro do proxecto LÓVA.

 E que mellor agasallo lle podían facer a Lolo? Pois unha canción adicada a el.

Así que os nosos grandes compositores puxéronse mans á obra, crearon a melodía e elixiron os instrumentos para acompañala na súa interpretación.

Pódese escoitar os sons de Lolo no seu traballo e incluso algúns gorgorexos  que gosta facer mentas le.

Parabéns Lolo, desexamos que a disfrutes!!!



 

Como lle gustou a Lolo a canción!

Pasa o día bailando!!!

20/4/21

DÍA MUNDIAL DO LIBRO NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

 



Achégase o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, en acepción da UNESCO, e desde a Consellería de Cultura, Educación e Universidade  edítase o díptico para conmemorar este día 23 de abril de 2021.
 
Acudiuse, como en anos anteriores a unha persoa referente da literatura galega actual, neste caso a profesora, tradutora e poeta, Elvira Ribeiro, quen creou un texto orixinal cedido xenerosamente para esta pequena peza de difusión do Día do Libro, centrándose nas potencialidades da lectura e que nos agasalla esta evocadora afirmación: 
 
"Talvez é ler un diamante de mil caras, un mar sen varandas."
 
Neste mes, e todo o ano, non agardemos a que os libros peten na nosa porta, naveguemos por un mar de lecturas e deixémonos arrolar polas súas ondas.
 
As imaxes son unha colaboración da nosa compañeira Cristina Novoa, a quen agradecemos as fotografías tomadas en Malta e na Ría de Aldán.

MES DOS LIBROS (VIII)


 Mauro recomenda o libro ROGER O RATO, que ten problemas cun bote de pintura...
Seguro que nos encanta, Mauro! GRAZAS!


Mauro recomenda "Roger o rato" from M Socorro Giz García on Vimeo

 

 Estas son as recomendacións de Sara, unha nena de 4º de primaria e como non se decide por un libro só, ela vainos falar de dous que son os seus preferidos.

GRAZAS SARA! Fixéchelo tan ben que seguro que aos demais nenos e nenas tamén lles van gustar!

sara from MisisRoller on Vimeo.





Este neno é Hugo e estudia 3º de primaria. Hugo quere ler para todos os nenos e nenas do cole o libro PINOCHO.
 
GRAZAS HUGO!

MES DOS LIBROS (IX)

Daniel e Martiño son dous irmáns que van en infantil.
Mándanos unha foto cos seus libros favoritos.


 MARTIÑO elixiu  LOS TRES CERDITOS e LOS ANIMALES.


A DANIEL gústalle O PAPÓN.


GRAZAS CHICOS POR ESTAS ESTUPENDAS RECOMENDACIÓNS!  

A Dafne de infantil gústalle moito o libro de EL POLLO PEPE.
Aquí tedes a foto co seu libro favorito.

GRAZAS DAFNE! Elexiches un libro precioso!




Este neno é David de 6° de primaria.  Gústalle moito o fútbol e recomenda 
  "Una historia de fútbol".

GRAZAS DAVID! 
Que ben unindo dúas paixóns, o fútbol e a lectura!
 
 
 A Gemma de infantil gústalle moito ler, e un dos seus libros favoritos é COCORICO.
E para recomendarllo a todos os nenos e nenas mándanos esta foto tan bonita.
GRAZAS GEMMA! LE MOITO E CUÍDATE!

Un segredo... Cocorico tamén é o meu libro favorito.

 A Ian de 6º de primaria gústalle a banda deseñada  e  mándanos unha foto lendo un dos seus comics favoritos.
Grazas Ian!

19/4/21

MES DOS LIBROS (VII)

A Lidia de infantil gústalle este clásico de CAPERUCITA ROJA nun precioso formato pop-up.

GRAZAS LIDIA pola túa recomendación!





Lucas estudia 6º de primaria e gústalle moito a colección de EL DIARIO DE GREG. Dende logo ten unha morea de libros de este personaxe tan divertido. Non tardarás moito en querer lelo ti tamén!

 GRAZAS LUCAS!


Lucas recomenda "O diario de Greg" from M Socorro Giz García on Vimeo.

17/4/21

MES DOS LIBROS (VI)

Mirade a Jaime e o seu irmán Edu lendo o libro LÚA. Están a pasalo xenial!

GRAZAS RAPACES! DISFRUTADE COA LECTURA! 


jaime-edu from MisisRoller on Vimeo

 Lola de 4º de primaria recomenda unha colección completa de A BANDA DE ZOE.
Como podedes ver Lola non se aburre.
GRAZAS LOLA! Grazas polas túas propostas!

lola from MisisRoller on Vimeo.



16/4/21

MES DOS LIBROS (V)

 Seguimos coas recomendacións dos nosos nenos e nenas sobre lecturas e libros.


Paula recomenda "Verano en blanco" from M Socorro Giz García on Vimeo.

Paula é unha nena que estudia 6º de primaria.
Como lle gusta moito e practica a Ximnasia Rítmica, está lendo un libro escrito por Almudena Cid que se titula VERANO EN BLANCO.

 Jairo de 6º de infantil le na cama o marabilloso libro en formato pop-up de EL MONSTRUO DE COLORES.
 

 GRAZAS JAIRO! DISFRUTA DA LECTURA! 


jairo from MisisRoller on Vimeo.

14/4/21

MES DOS LIBROS (IV)

xavi


  A Xavi gústanlle unha morea de libros: de emocións, de Asterix, de animais... e tamén os puzzles.

GRAZAS XAVI! Tomaremos nota das túas recomendacións. 

 

Sabela é unha nena de 3º de primaria que nos fala do seu libro favorito titulado KITTY.

 Unha historia moi "gatuna".

 GRAZAS SABELA! 

Estou seguro de que aos teus compañeir@s vailles encantar o libro!


Sabela

 

Lucas vai en 5º de primaria e leu o libro WIGETTA sobre fantásticas historias interactivas baseadas nos videoxogos.

GRAZAS LUCAS POLA TÚA RECOMENDACIÓN!

12/4/21

MES DOS LIBROS (III)

 Martín  recomenda A CEBRA CAMILA.

Unha boa suxerencia!
GRAZAS Martín!


Roi

A Roi gústalle o libro LA SOPA QUEMA, e non só nos conta o libro senón que axudado pola súa nai nos explica como se prepara unha deliciosa sopa.
Roi xa é un experto booktuber!

Como di ao final... LER MOLA!

GRAZAS ROI! Vou preparar esa sopa agora mesmo!

10/4/21

MES DOS LIBROS (II)

Icía de 6º de primaria e Leda de 1º recoméndanvos estes libros.
Que mellor idea para pasar estes días que os libros!

Grazas rapazas! Bo traballo!


Leda recomenda Os petos de Loreto. CEIP Plurilingüe de Covas


Icía recomenda Alex Colt. CEIP Plurilingüe de Covas

8/4/21

MES DOS LIBROS

 Estamos no mes dos libros xa que en abril conmemoramos dous eventos importantísimos: o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL (2 de abril) e o DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DEREITOS DE AUTOR (23 de abril).


Esteas cómodo na casa

ou atravesando veloz as fronteiras cara unha nova terra

e unha lingua estraña, as historias e poemas

perténcente. 

(Margarita Engle) 

 

 

 

 

 

Durante este mes serán os nosos alumn@s convertidos en booktubers que recomenden contos e libros que leron durante o confinamento.

Lola é a primeira booktuber e mirade que gracia ten recomendando o libro A BRUXA REGAÑADENTES.

GRAZAS LOLA!




Lucía cóntanos que lle gusta ler COCORICO e EL MOSTRUO DE COLORES.

GRAZAS LUCÍA!


lucia from MisisRoller on Vimeo.



<