30/4/24

Simetrías con Tale Bot e espellos

No recanto sensorial @s máis peques traballaron as simetrías empregando Tale Bots e espellos











29/4/24

Lecturas artísticas; semana do 22 de abril

A pasada semana seguimos disfrutando das Lecturas Artísticas.

Tivemos a Gabriel e a súa mamá Sara fixeron un conto moi orixinal creado polo propio Gabi, "A pataca aventureira". Nel, o protagonista, pasaba por diferentes localizacións na procura do seu amigo.




Bruno, Lucas e a súa mamá María trouxéronnos "Chucheritis", un conto onde Bruno e Lucas eran os protagonistas.




Xandre e a súa mamá Andrea interpretaron "O tigre que veu tomar o té" con Xandre caracterizado para a ocasión.






Alba, a mamá de Teo  e de Lúa, tivo dúas sesións de Lecturas Artísticas, unha para 5º e 6º con "En tus zapatos", onde traballamos a importancia de poñerse no lugar do outro, sobre todo en realidades sociais desfavorecidas e "Mola que chova".










Para rematar, Olivia, Irene a a súa mamá Estefanía contáronos "El gallo que puso un huevo".






25/4/24

Abenizamos contos. Recanto matemático

No recanto matemático de Educación Infantil escolleron todo un clásico para abenizalo. Xa sabedes que no cole de Covas empregamos a metodoloxía ABN e, polo mes dos libros, escollimos ....

BRANCANEVES E O 7 ANANIÑOS!!!! 
🥰🥰🥰🥰🥰