24/10/24

Polo Día das Bibliotecas: Flor de Loto Azul

Deixámosvos con Lolo e a Flor de Loto Azul (Nymphaea caerulea), flor que representa a sabiduría e o coñecemento.

Que curioso, a nosa primeira flor e Lolo son da mesma cor!!!!!!

Premede na imaxe e poderedes ver a presentación realizada polas colaboradoras da Bibliocovas para celebrar esta data.

          TRABALLAZO!!!!😍😍😍😍😍






23/10/24

24 de outubro, Día das Bibliotecas. PDI "Florece Covasmola"

Hoxe é o Día das Bibliotecas e queremos festexalo presentado o Proxecto Documental Integrado deste curso 24-25 "Florece Covasmola".

Despois de 3 cursos afondando na identidade do centro a través dos tres PDI "Covasmola" entendemos que todos os proxectos venideros teñen que contribuír ao confirmamento de dita identidade pe proporcionar unha perspectiva nova.

Chega así "Florece Covasmola", PDI 24-25, cun forte enfoque artístico literario. Cada festividade e conmemoración seleccionada polo equipo de biblioteca e recollida no seu Plan Anual de Lectura, virá presentada pola nosa mascota Lolo portando unha Flor. Dita flor pode ser portadora de moitos tipos de mensaxes, representación de valores, como metáforas, como un poema, como unha canción, como linguaxe científica, ...., polo que teremos moitas flores transmisoras de coñecementos e emocións.

Dentro das celebracións faremos tres nas que participará todo o centro e a comunidade educativa de maneira conxunta, serán no Nadal no Entroido e na Primavera, unha por trimestre.

Agardamos ter un curso cheíño de FLORES!!!!!!!







PLAN ANUAL DE LECTURA 24-25, PLAN DE LECTURA E PLAN DE BIBLIOTECA

Arrincamos o curso 24-25 cos tres documentos que van dirixir a Bibliocovas: o Plan Anual de Lectura para o presente curso e o Plan de Biblioteca e o Plan Lector incluídos no Proxecto Educativo.

Preme nas imaxes para visitalos.