20/12/24

Recomendacións lectoras: contos de "Á luz da candea"

Dexámosvos aquí as recomendacións lectoras para o Nadal da Bibliocovas. Neste caso non podían ser outras que os contos dramatizados polo alumnado do CEIP Plurilingüe de Covas o pasado luns na celebracións da actividade "Á luz da candea" dentro do programa "Lectura e Familias".

Premede na imaxe e poderedes acceder a toda a información realizada polos "Xornalistas Florece Covasmola" o pasado luns.

As presoas que asistiron a actividade puideron observar como un equipo de xornalistas de 6º de Educación Primaria, debidamente acreditados, documentaron todo o proceso por escrito e en vídeo.

ESTE É O RESULTADO DO SEU TRABALLO

PREME NA IMAXE








19/12/24

Flor de Pascua!!!

 

A Flor de Pascua e a protagonista neste mes de decembro. Premede na imaxe para coñecela un pouquiño máis grazas as colaboradoras da Bibliocovas 😍😍😍😍😍😍

PREME!!!!!






Covas camiña cara ao Belén

Onte, todos os nenos e nenas do cole, fumos ao Belén xigante de Viveiro. Seguindo os mandados Covasmola primaria foi a pé desde o cole.

Pasámolo xenial!!!






















10/12/24

Convocatoria Lectura e familias "Á luz da candea"

Estimadas familias: 

Dentro do programa "Lectura e Familias" temos un agasallo para vós nestas datas tan familiares!!! 

Os vosos nenos e nenas quérenvos representar un conto e facer un obradoiro de candeas en familia o luns 16 de decembro no cole. 

Como somos moitos, é preciso anotarse no enlace para asistir e consultar horarios. Aquelas familias que teñan máis de un fillo/a e vaian asistir ás dúas representacións deben encher dous formularios. Precisamos saber cantos somos para organizar os espazos. 

Prazo para anotarse ata venres 13 de decembro ata as 12:00h. 

Enlace dispoñible en Abalar móbil






9/12/24

Encántanos a decoración!!! Grazas ANPA❤️

Esta volta da ponte foi moi especial. Cando entramos no cole estaba todo decorado!!!!! Díxonos Lolo que estiveron os elfos e as fadas da nova ANPA traballando arreo e con moita ilusión para que tivésemos o cole precioso cando chegáramos 🥰🥰🥰🥰🥰🥰

Moitísimas grazas á nova ANPA!!!!