19/12/25

Felices Festas!!!! Seres covasmola

Lolo, Rosalía, Figuriño e Uxía, os nosos Seres Covasmola teñen unha mensaxe para vós!!!!



                             



18/12/25

Mañá toca mercado. Tedes todo preparado?

No cole de Covas levamos un mes intenso de rexistros de hábitos saudables para realizar a primeira grande actividade de centro dentro do PDI "Seres Covasmola".

Lolo lembrounos, que o que comezou sendo o PDI Covasmola fai cinco cursos, é hoxe parte da nosa identidade como ben recolle o Proxecto Educativo.

Así que ao traballo, pola nosa saúde e pola saúde da nosa contorna!!! Recollimos os datos sobre alimentación, envases reutilizables e desprazamentos ao cole durante 20 días. 





Traballamos por grupo e chegou o momento da recompensa, incorporar bos hábitos tamén se traduce en obter Covasmolas, a moeda do noso centro. E para que serven os Covasmolas? Pois para mercar cousiñas no Mercado de Nadal. Tivemos uns elfos moi especiais traballando arreo.



Por grupos fixemos reconto dos cartos acadados e puidemos consultar o listado de prezos. Competencia matemática a tope!!!!



















Comezamos tamén a elaborar as listas da compra para ter todo a punto para mañá.

Que emoción!!!









                             




17/12/25

Recomendacións lectoras para toda a familia. Nadal 2025.

Non esquezades poñer nas vosas cartas, a lo menos, un libro.

Aquí van as recomendacións lectoras de Lolo para toda a familia desde a Bibliocovas.

FELICES FESTAS!!!







3/12/25

UXÍA e ASPANANE: 3 de decembro Día Internacional das persoas con diversidade funcional

Polo Día Internacional das persoas con diversidade funcional, contamos coa visita das usuarias de ASPANANE Maruxa e Begoña e a súa educadora Blanca.

E que nos trouxeron nesta ocasión?

O alumnado de 6° de educación primaria realizou un obradoiro de serigrafía con elas. E adiviñade, sabedes que estampación fixemos para conmemorar este día? Pois como non, a Uxía, a nosa ser Covasmola pola diversidade.

Moitísimas grazas por tanto ASPANANE!!! 

Aprendimos un montón e quedáronnos uns neceseres molóns 😍😍😍😍