Logo de traballar a obra de Joan Miró, os nenos e nenas de 6° DE Educación Infantil quixeron plasmalo nun papel en branco.
Que creacións máis fermosas!!!!
CEIP PLURILINGÜE de COVAS-VIVEIRO (LUGO)
Logo de traballar a obra de Joan Miró, os nenos e nenas de 6° DE Educación Infantil quixeron plasmalo nun papel en branco.
Que creacións máis fermosas!!!!
Os nenos e nenas de 6° Educación Infantil empezamos o proxecto trimestral e que mellor xeito que cunha busca libre de contos de MEDO. Mirando e analizando as portadas de contos que foron collendo libremente decidían si podía tratar de medo ou non. Unha experiencia nova e diferente!!!
Na aula de 6° de Educación Infantil empezamos a coñecer a Joan Miró. Ao longo desta semana reproducimos a escultura de " Mujer y pájaro" 1983 do laureado pintor, escultor e ceramista.
Iniciamos o novo curso 25-26 acompañados de toda a comunidade educativa.
Despois de realizar unha entrada de presentación do novo claustro con algunha que outra sorpresa, compartimos o tempo de lecer e a merenda coas familias.
E que non pode faltar nunha reunión familiar?
Pois un bo conto, unha boa historia, polo que aproveitamos a ocasión para compartir as nosas lecturas preferidas.
A mellor forma de comenzar o curso,
CON LECTURAS E FAMILIA!!!!
Claustro 25-26