6/11/25

Paso 3: Nace FIGURIÑO

ELABORAR O SER COVASMOLA en 3D. 

Cómo se levo a cabo esta terceira fase da actividade?

Por VOTACIÓNS foron seleccionando o que máis lles gustaba de cada SER e pasiño a pasiño fotos compoñendo o definitivo.

Coa toma de decisións (votacións) o alumnado vaise introducindo na comprensión de que tod@s teñen dereito a dar a súa opinión e de ser escoitado e respectado pero que ten que asumir a decisión da maioria; contamos os votos rexistrados e comprobamos cal era a opción máis votada. 

Todo decidiuse así: que cabeza nos gustaba mais, cores,se tiña tronco u non, forma dos brazos, o pelo, a boca, número de ollos, se tiña zapatos....e así cousa por cousa. Ata o nome foi decidido por suxerencias e votación despois: Ruliño, Cores, Colorin, Polispan e e Figuriño.

Cal sería  o nome mais votado? 

Aproveitamos para traballar as letras dos nomes, o seu son e a súa grafía... Despois dunha votación moi igualada foi o nome de FIGURIÑO o elixido.

Como toda actividade o máis importante non é o resultado final senón os pequenos logros, os procedementos que se van superando. Nesta actividade ata o resultado final foi ben fermoso ata con peana e todo. 

Presentámosvos a FIGURIÑO, un SER COVASMOLA, AMIGO DE LOLO QUE VIVE CON NÓS EN EDUCACIÓN INFANTIL.






                             

No hay comentarios: