9/4/26

Obradoiro de Cartón en Infantil con familias

Onte celebramos un Obradoiro de Cartón con Ton Arenas de Micromina Títeres dirixido ao alumnado de educación infantil e ás súas familias dentro do programa "Lectura e familias".

Este obradoiro forma parte das programadas neste mes de abril como mes dos libros e das familias.

No obradoiro iniciámonos na elaboración de títeres con cartón e construímos a nosa propia criatura. Estivemos moi atarefados pero Figuriño, como Ser Covasmola elaborado tamén en cartón, está moi orgulloso de nós.

A ver que vos parecen as nosas criaturas!!!





































 

Taballamos sobre a historia e a cultura xitana

Logo da inauguración da exposición "Historia e cultura do Pobo Xitano" chegou o momento de traballar e coñecer a vida e historia do pobo xitano.

O alumnado desenvolveu diferentes propostas pedagóxicas para coñecer un pouquiño máis a este marabilloso pobo que forma parte da nosa comunidade educativa.