30/1/26

A pomba dona paz

O día 30 de xaneiro celebrase o día escolar pola Paz en conmemoración da morte de Mahatma Gandhi,unha data que contribuiu nos centros educativos de xeito moi especial a difusión da Educación para a Paz.

A Pomba Dona Paz é un relato concebido para que os nen@s máis novios participen tamen dos valores da construción  pacífica da sociedades e da cidadania democrática.

Un libro que é un vieiro da esperanza cara a un mundo en paz e igualdade




                             

29/1/26

Recanto sensorial

 A  pasada semana, no recanto sensorial, os nenos e nenas de educación infantil disfrutaron coas seguintes actividades;

1- realización de diversos trazos con diferentes pelotas para traballar a psicomotricidade fina.

2- inseraron bastonciños de cores nas siluetas de folerpas de neve.

3- cos diferentes pingüíns, realizaron os trazos dos números na fariña.

4- traballaron o equilibrio nunhas cintas para transportar con diferentes elementos os pompóns e os cubiños de xeo.










                             



26/1/26

O inverno: bonecos de neve

Na aula de 6° de Educación infantil damos a benvida ao inverno coa creación destes bonecos de neve cos rotuladores fluorescentes que tanto lles gusta. 

Así de fermosos quedaron!!!!




19/1/26

Obradoiro de disfraces. Entroido 2026

O pasado venres comezamos os obradoiros de elaboración de disfraces para o Entroido 2025.

Sacamos os patróns e a mellor das ilusións e inauguramos a actividade de centro deste segundo trimestre, dentro do PDI "Seres Covasmola". 

Sen dúbida a actividade máis agardada polo alumnado 🪡 🧵 ✂️