Mostrando entradas con la etiqueta Innova-lab. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Innova-lab. Mostrar todas las entradas

15/5/26

Exposición "Deseñando A Mariña". Microrrede da Mariña

Deixámosvos os traballos presentados por todos os centros educativos que participaron na exposión deste ano dentro da Microrrede da Mariña e baixo o título "Deseñando A Mariña".













Para máis info podedes visitar o blogue da Microrrede da Mariña.


Maqueta "Vila Covasmola". Microrrede da Mariña

A nosa contibución á exposión da Microrrede da Mariña que se está arealizar entre o 12 e o 15 de Maio na Sala Multiusos do Concello de Viveiro é a maqueta "Vila Covasmola".

Esta maqueta representa o alter ego de Covas, o Covas do futuro no que queremos vivir, sustentable, saudable e respectuoso coa contorna. 

Este foi o proceso de elaboración e o resultado final.






























 

12/4/26

Sabela Gago co alumnado de primaria e familias

Rematamos a semana co un obradoiro lector do máis teatral e creativo. Non podía ser doutro xeito si Sabela Gago era a mestra da ceremonia.

Sentimos, expresamos, representamos, dramatizamos historias e emocións que quedaron reflectidas tanto en forma de monstros coa técnica collage, como en historias disparatadas con creacións colaborativas.

Foi todo un reto, dentro do programa lectura e familias, realizar este obradoiro para todo o alumnado de primaria.

Os nosos Seres Covasmola estaban moi ledos de ter a biblioteca chea de nenos e nenas coas súas familias derrochando creatividade!!!

Aquí vos deixamos testemuña do traballo organizado en tres obradoiros que acollían a cada un dos ciclos de primaria e ás súas familias.