25/12/09

PARA OS MÁIS PEQUENIÑ@S



Xa estás de vacacións! Xa tes tempo para ler, xogar, ver a tele, estar coa familia e cos amigos... pero tamén podes xogar coa vaca Connie que é moi divertida.

20/12/09

NO NADAL CHEGA O APALPADOR OU APALPABARRIGAS




Algunhas entidades culturais galegas están colaborando na recuperación dun personaxe da tradición popular do Nadal: O Apalpador .En diversas comarcas da alta montaña do leste de Galiza, así como en diversos puntos do oeste do Bierzo, mantíñase ata datas moi recentes a tradición do Apalpador: un xigante con oficio de carboeiro que, durante as datas do Nadal, baixaba das montañas onde vivía ata as aldeas, coa intención de apalpar as barrigas dos máis pequenos das casas, para comprobar se estaban ben mantidos.O Apalpador vixiaba que comesen ben e desexáballes un novo ano no que seguisen sen pasar fame, deixando como agasallo unhas cantas castañas quentes para que lembraran a súa visita.A tradición, recollida por José André Lôpez Gonçález nas comarcas do Courel e do Cebreiro, reflicte a conexión desta figura con outras semellantes como o Olentzero, o Pai Inverno ou o propio Papá Noel. Crese que se trata dun costume de orixe precristiá que no seu momento debeu estar estendido por todo o país e que foi desaparecendo progresivamente. (Extraído de Vieiros.com) O artista de Neda, Leandro Lamas deseñou a preciosa imaxe que se está a empregar na campaña para a recuperación de O Apalpador.

15/12/09


Preme na imaxe e poderás vela máis grande

Postal de felicitación da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística.

14/12/09

CARTA AOS REIS MAGOS

O Equipo da Biblioteca e de Normalización convídanvos a escribir unha carta aos Reis Magos pidindo...LIBROS e desexándo a tod@s un BO NADAL E FELIZ 2010


Preme enriba da imaxe para ver a carta

PARA "MANITAS"

Agora que veñen as vacacións de Nadal... Por que non facer adornos para decorar a casa?
Ademais podedes colaborar toda a familia.




Preme na árbore...hai máis cousas

7/12/09

COPENHAGUE E O FUTURO DO PLANETA

Hoxe comeza en Copenhague unha reunión para parar o cambio climático.Estamos a tempo de paralo?

Preme na imaxe para entrar en CLIMÁNTICA

Climántica é o novo proxecto de educación ambiental da Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible en colaboración coa Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa. Este proxecto é froito do traballo en equipo levado a cabo por diferentes expertos e que se iniciou en setembro de 2006. O equipo Climántica consta de catro grupos de traballo –didáctica, edición gráfica, multimedia e asesoría científica – que traballan coordinados mediante o uso dunha plataforma colaborativa situada na intranet da web do proxecto.
Preme na imaxe se queres xogar e salvar o planeta