29/12/11

UN NADAL DE LIBROS




Os nenos e nenas de 6º de primaria fixeron este "belén" con libros para desexarnos a tod@s felices lecturas.

16/12/11

BO NADAL E FELIZ 2012

Este ano elaboramos un CALENDARIO 2012 con fotos das postais feitas polos nenos e nenas do colexio.
Desexamos a tod@s o millor.
calendario_2012

9/12/11

RECURSOS PARA O NADAL 2011

Preme no boneco de neve

A Coordinadora galega de equipos de normalización e dinamización lingüística ten á nosa dispor unha serie de recursos para este Nadal.

4/12/11

CHEGA O NADAL E MÁIS O APALPADOR

Actividades LIM sobre O Apalpador, elaboradas pola coordinadora de ENDL do Barbanza.

2/12/11

DIA DO PEON E XOGOS TRADICIONAIS

Un ano máis celebramos no colexio durante o mes de novembro o Día do Peón e os Xogos tradicionais. Aquí tedes unha mostra desta actividade.


1/12/11

6 BIBLIOTECAS GALEGAS PREMIADAS

Acaba de chegarnos a comunicación do Ministerio cos premios nacionais de boas prácticas correspondentes ao ano 2011. As bibliotecas escolares galegas seguen a ser recoñecidas.

Modalidade A (centros de infantil, primaria, educ. especial e educación de persoas adultas)

1º premio: CEIP A LAMA, de A Lama, Pontevedra.

2º premio: CEIP CONDESA DE FENOSA, de O Barco, Ourense.

3º premio: CRA DE RIBADUMIA, Ribadumia, Pontevedra

3º premio: CEP XOSÉ MARÍA BREA SEGADE, de Taragoña-rianxo, A Coruña

Modalidade B (centros de ensino secundario, formación profesional, ensinanzas artísticas e escolas de idiomas):

3º premio: IES DE CELANOVA, Celanova, Ourense.

3º premio: IES ALEXANDR BÓVEDA, de Vigo, Pontevedra.

Como vedes, 6 novos galardóns. Non temos aínda o listado total, pero segundo nos din do ministerio, volve ser a comunidade máis premiada.

PARABÉNS CON MOITA ALEGRÍA A TODAS E A TODOS!!!!

24/11/11

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Recursos para traballar este tema recopilados polo CEIP VICTOR SÁENZ, un gran traballo.

22/11/11


Grazas ao CEIP Condesa de Fenosa (O Barco de Valdeorras) por esta fantástica presentación sobre Álvaro Cunqueiro

17/11/11

FORMACIÓN DE USUARIOS (PROFES)

Este primeiro trimestre estamos coa Formación de Usuarios para Profes, especialmente para o novo profesorado do centro.
Nesta sesión traballamos a búsqueda no catálogo Meiga da biblioteca, como facer préstamos informatizados e búsqueda física pola biblioteca (as zonas para cada ciclo, o tellolo dos libros...).


9/11/11

IV EQUIPO DE COLABORADORES DA BIBLIOTECA

Neste curso 2011-2012 temos 25 colaboradores no equipo da biblioteca.
Son os nenos e nenas de 6º curso que todos os recreos van en turnos a ordenar, clasificar e vixiar a biblioteca. Están a facer un gran traballo e despois dun tempo de proba por fin firmaron os "contratos".
Tamén entregamos as MOCHILAS VIAXEIRAS. Temós 4 (unha por ciclo) cun surtido de lecturas para ler toda a familia.
Non podemos esquecer os gardacarnés que nos fixo a ANPA para cada aula de infantil e primaria. Podedes ver as fotos e o ben que quedaron.

24/10/11

DÍA DA BIBLIOTECA

Hoxe día 24 de outubro celebramos no colexio o DÍA DA BIBLIOTECA. A actividade elexida este ano foinos recomendada por todos os colexios que a levaron a cabo. Trátase dos PADRIÑOS E MADRIÑAS DE LECTURA. Nela os nenos e nenas "maiores" de 4º,5º e 6º de Primaria prepararon contos, lecturas, pequenas dramatizacións..., e incluso fixeron títeres, decorados e ata un pequeno teatro. Con todo isto foron ler aos nenos máis pequenos do colexio. Aínda que tiñamos pensado ler no patio, como o tempo non nos acompañou, limos noutros espazos do colexio: ximnasio, biblioteca, corredores, clase... (calquera sitio é bo acompañado dun bo libro).
Todos os nenos e nenas disfrutaron con esta actividade que esperamos repetir máis veces.
Grazas a todos os padriños e madriñas que o fixeron moi ben e con moita ilusión.


3/10/11

FORMACIÓN DE USUARIOS

PREME NA IMAXE PARA FACER AS ACTIVIDADES


Durante este primeiro trimestre traballaremos a FORMACIÓN DE USUARIOS NA BIBLIOTECA e dende a biblioteca do CEIP de Pedrouzos (Brión), achégannos un enlace á súa aula virtual onde podemos entrar como convidados e coñecer un material de formación de usuarios, feito coa ferramenta LIM e que exemplifica o tipo de actividades que se poden levar a cabo desde a biblioteca, coa finalidade de desenvolver no alumnado habilidades específicas para o uso das fontes informativas e dos recursos que esta pode ofrecer.
Agradecemos a xenerosidade do equipo da biblioteca poñendo a disposición de todos esta ferramenta.

OUTUBRO, MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Xa estamos no mes de outubro e as bibliotecas escolares están xa inmersas en proxectos e actividade. Por moi escuro que sexa o futuro, sen dúbida está aí, chamando á porta, e as bibliotecas han estar preparadas e adiantarse un paso, sen deixar de soñar.

Para celebrarmos o Día da biblioteca (24 de outubro), o mes da biblioteca escolar (segundo convocatoria da IASL), un curso máis, a Consellería de Educación edita un cartaz cunha imaxe dun autor galego. Nesta ocasión, Emma Ríos, ilustradora do mundo do cómic, interpreta o lema proposto, Biblioteca escolar, última xeración, e ofrécenos unha visión alegre e cómplice do que son e poden ser as bibliotecas escolares: lugares de encontro e de convivencia, espazos de aprendizaxe e de contacto gozoso coa cultura escrita; integración dos distintos soportes e formatos que albergan a información e os contidos culturais, oportunidades para soñar e imaxinar; apoio para a adquisición de competencias básicas e construción de coñecementos de calquera tipo; escolas de cidadanía.

14/9/11

BICENTENARIO DE NICOMEDES PASTOR DÍAZ

O día 15 de setembro fai 200 anos que naceu en Viveiro NICOMEDES PASTOR DIAZ, un gran escritor, xornalista e político.
Seguro que recoñecerás esta estatua que está na Praza Maior de Viveiro.
Se queres saber máis... preme na imaxe.

13/9/11

XOGOS DO MUNDO (continuación)

O luns comezamos o cole e celebramos os XOGOS DO MUNDO que non rematamos en xuño por culpa da choiva.
Contamos coa axuda dos EX-ALUMNOS de 6º que fixeron de Monitores e aos que damos as grazas e desexamos que na ESO lles vaia tan ben como no noso colexio e que sempre gardaremos un bo recordo de todos eles.
Aquí quedan estas fotos e como comezo do curso... non estivo nada mal.


10/7/11

III EQUIPO DE COLABORADORES DA BIBLIOTECA



GRAZAS POLO ESTUPENDO TRABALLO E XA SABEDES QUE ESTAREDES SEMPRE NA BIBLIOTECA!

28/6/11

LECTURA DOS CONTOS E POEMAS DO MUNDO

Durante dous días tivemos na biblioteca sesión de lectura dos "Contos e poemas do mundo" que elaboraron cada unha das clases adaptando, reescribindo e ilustrando contos e poemas de distintos países. Tamén cantaron e bailaron unha canción de Galicia.

Resultou un completo éxito coa participación de todos os nenos e nenas que aínda que estiveron nerviosos, fixéronno moi ben.
Con todos os contos e poemas elaboraremos un libro que quedará na biblioteca do cole.
Grazas a todos e pasade un bo verán.









25/6/11

XOGOS DO MUNDO

Para rematar o curso e dentro do proxecto de Interculturalidade " de cores é máis divertido" fixemos os "Xogos do mundo".
Comezamos cun desfile dos nenos e nenas do 3º ciclo e un baile sobre a amizade.

Despois comezaron unha serie de xogos de todos os continentes e nos que todos os nenos e nenas do cole participaron aínda que tivemos que interrumpir pola choiva.
Agradecemos a colaboración dos nenos e nenas de 6º que exerceron de monitores ensinando aos demais en que consistía cada xogo.



21/6/11

XORNAL "O CHARLATÁN DE COVAS" 2011








Cun pouco de retraso por cuestións técnicas por fin publicamos o noso xornal anual.


Este número está adicado a LOIS PEREIRO e traballamos tamén no proxecto sobre INTERCULTURALIDADE "de cores é máis divertido" que fixemos entre o Equipo de dinamización da biblioteca e o Equipo de normalización e dinamización lingüística.


Agradecemos a colaboración de toda a comunidade educativa.


8/6/11

ADEUS A JORGE SEMPRÚN



O escritor , ex-ministro e cineasta Jorge Semprún morreu o martes pola noite en París. Tiña 87 anos.


Preme na imaxe para saber máis

5/6/11

A INSOPORTABLE LEVEDADE DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES GALEGAS


Documento que recolle bastantes matices do malestar da inmensa maioría de nós diante da previsible desaparición de formadores específicos no noso ámbito e o que este feito conleva e significa

[https://docs.google.com/document/pub?id=1ezgStaYKUzoU8n-r8kOjKCHlo8nHhD8lMn8QtLdryTs&pli=1]

4/6/11

EXPOSICIÓN NO COLEXIO SOBRE A INTERCULTURALIDADE

Esta é a exposición feita no colexio sobre a INTERCULTURALIDADE con materiais aportados polos pais e nais dos nenos e nenas do centro.
Este foi o proxecto no que traballamos este curso proposto pola biblioteca do centro.
Hai fotos, obxectos típicos, traxes e ata comida.
Moitas grazas a tod@s pola vosa colaboración.



30/5/11

ASOCIACIÓN DOWN DE LUGO

O xoves 26 de maio visitáronnos os rapaces da asociación DOWN LUGO, que nos contaron o que significaba ter a "síndrome de Down", e o que facían na súa asociación, polo que todos comprobamos que todos somos iguais.
Tamén nos ensinaron uns "cortos" e poidemos facerlles unha morea de preguntas.

Gustounos moito falar con eles.


29/5/11

CELEBRAMOS OS MAIOS

O venres 27 celebramos os Maios como é costume no colexio. Como o tempo acompañou aínda que con un pouquiño de vento, dixemos o desfile polo Paseo Marítimo de Covas ata o parque Pernas Peón onde cantamos as coplas e bailamos. Numerosos pais e nais acompañaron o desfile e tamén un grupo de "avós" do Geriátrico.
Aquí están as fotos.


28/5/11

A NENA E O GRILO



Video da canción CRI CRI ( eu falo así) de "A nena e o grilo"
Un fermoso video e unha fermosa canción.

11/5/11

LENDAS


Blanca e Miriam T. de 6º fixeron un traballo de investigación sobre lendas e atoparon esta sobre a calzada dos xigantes.
Para poder lela, PREME na imaxe.

4/5/11

VISITA Á BIBLIOTECA DO IES MARIA SARMIENTO

Na mañá do martes a clase de 6º de primaria foron de visita á biblioteca do IES María Sarmiento. O profesor Xan,responsable da biblioteca,explicoulles a clasificación dos fondos pola CDU, as distintas zonas da biblioteca, a sala de audiovisuais e contestou a todas as preguntas que fixeron os rapaces.
Unha visita moi interesante!

23/4/11

DÍA MUNDIAL DO LIBRO

QUEN É QUEN?
O 23 de abril celebramos o Día Mundial do libro e dereitos de autor e con esta presentación queremos poñer a proba os teus coñecementos sobre Miguel de Cervantes e William Shakespeare.
Adiante!




14/4/11

XOSÉ NEIRA VILAS









Video streaming by Ustream
Conferencia de clausura dos Encontros de bibliotecas do PLAMBE 2011 a cargo de Don Xosé Neira Vilas, unha fermosa conferencia todo amor polos libros.

13/4/11

RECURSOS SOBRE LOIS PEREIRO


Actividades para os ciclos de Infantil e Primaria sobre a figura de LOIS PEREIRO, escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2011.


11/4/11

VISITA DA NAI DE DENNIS

O luns tivemos a visita de Marta, a nai de Dennis, que viviu moitos anos no Reino Unido. Contounos moitas cousas acerca das tradicións, festas, comida e costumes dese país. Tamén vimos fotos de monumentos , lendas coma a do monstro do Lago Ness e fotos da visita de Dennis a Londres. Trouxo diferentes produtos ingleses: té, caramelos, xudías...
Grazas Marta pola túa colaboración


9/4/11

UN DÍA NO TEATRO

Infantil e o primeiro ciclo foron ao teatro Pastor Díaz para ver un espectáculo de títeres titulado "TITIRICIRCUS". Pasáronno moi ben e ata Iris (de 1º) actuou na obra.


3/4/11

DÍA DO LIBRO INFANTIL


O pasado día 2 de abril celebramos o Día do Libro Infantil. No colexio limos libros escritos por Hans Christian Andersen (A sereíña, O parrulo feo, O traxe novo do emperador...). Todos os nenos/nenas e mestras levaron un marcapáxinas cun debuxo do proxecto da biblioteca (Interculturalidade) e polo reverso a biografía de Andersen.


Así pintaron algúns marcapáxinas.

28/3/11

DÍA DO LIBRO INFANTIL

O día 2 de abril conmemoramos o Día do Libro Infantil. Esta data foi elexida porque este día naceu o gran escritor de libros para nenos HANS CHRISTIAN ANDERSEN.
Un dos libros máis coñecidos é "O parruliño feo" e con motivo do tema monográfico da biblioteca "Interculturalidade: de cores é máis divertido", este video tenta de suliñar que a diferencia tamén é divertida, que todos somos diferentes pero temos que tratar e ser tratados igual.

21/3/11

21 de marzo -DIA CONTRA O RACISMO

Hoxe día 21 de marzo celébrase o Día contra o racismo e a xenofobia.