26/2/11

RECITANDO A ROSALÍA



O día 24 de febreiro celebramos o "Día de Rosalía de Castro" no colexio facendo un recital de poemas de esta escritora. Todos os nenos e nenas recitaron entre outros: "Pra a Habana","Adiós ríos, adiós fontes"... e a proxección dun video cunha canción e imaxes do poema "Como chove miudiño".
Grazas a todos porque o fixeron moi ben.

20/2/11

RECURSOS PARA O ENTROIDO

O Entroido está a chegar e se premes na imaxe terás unha morea de recursos da páxina da coordinadora galega de equipos de normalización e dinamización lingüística.

16/2/11

INTERCULTURALIDADE


Xa puxemos a andar o proxecto deste curso "Interculturalidade: de cores é máis divertido" que ten como obxectivo "fomentar o coñecemento das distintas, culturas, razas, crenzas, costumes..."

No colexio temos nenos/as que eles e/ou seus pais/nais proveñen doutros países ou pertencen a outros grupos culturais e con este fin queremos organizar actividades para acadar o obxectivo proposto anteriormente.

Pedimos a colaboración dos pais/nais dos nenos/as e polo momento a resposta é moi satisfactoria.

Graciñas

Video atopado en casadetol@s.nireblog.com



4/2/11

GÚSTANOS O TEATRO

Os nenos e nenas do 1º Ciclo e de Infantil foron ao teatro Pastor Díaz. Os de 1º ciclo viron a obra "Cacarabín, cacarabón" e os de Infantil "Bajo mi cama una estrella".
Que teatreiros sodes!