O día 15 de setembro fai 200 anos que naceu en Viveiro NICOMEDES PASTOR DIAZ, un gran escritor, xornalista e político. Seguro que recoñecerás esta estatua que está na Praza Maior de Viveiro.
O luns comezamos o cole e celebramos os XOGOS DO MUNDO que non rematamos en xuño por culpa da choiva. Contamos coa axuda dos EX-ALUMNOS de 6º que fixeron de Monitores e aos que damos as grazas e desexamos que na ESO lles vaia tan ben como no noso colexio e que sempre gardaremos un bo recordo de todos eles. Aquí quedan estas fotos e como comezo do curso... non estivo nada mal.