10/11/12

CELEBRAMOS O MAGOSTO

O venres celebramos o Magosto e o Día do Peón. Fixemos unha exposición de produtos do outono e nas clases decoramos cabazas,noces, castañas, laranxas... elaboramos libros de receitas e quedaron uns traballos moi vistosos. Na biblioteca están expostos os libros de medo por si alguén "se atreve" ir lelos. Como tamén celebramos o Día do Peón, os nenos e nenas decoraron os seus peóns que logo bailaron na festa do Magosto.

Estas son as fotos da festa do Magosto na que comimos castañas asadas (colaborando a ANPA)que estaban boísimas. O conserxe fixo unha demostración asando as castañas ao modo tradicional. Os nenos e nenas de 6º axudaron pelando as castañas aos de infantil. Despois de comer e beber (zume ou auga) os nenos/as de 6º leron o manifesto do peón de Brinquedia e todas as clases fixeron unha exhibición de baile do peón no que algúns son uns verdadeiros artistas. Luke (o noso auxiliar de conversa) tamén o intentou pero con escaso éxito.

9/11/12

EQUIPO DE COLABORADORES DA BIBLIOTECA

Este é o equipo de colaboradores da biblioteca do curso 2012-2013. Son nenos e nenas de 6º de Primaria que traballarán durante os recreos na organización da biblioteca. Despois dun "periodo de formación" e unhas rigurosas e duras probas, por fin asinaron o contrato de traballo. Graciñas a tod@s pola vosa colaboración.