24/6/13

TOD@S AO TEATRO

O último día de clase fumos todos os nenos e nenas ao teatro, pero no colexio. Representamos as obras que ensaiamos durante o curso, recitamos poemas, tivemos títeres, bailamos e cantamos en inglés e ata fixemos unha película. Esta era a derradeira actividade dentro do monográfico sobre o teatro que traballamos este ano. En infantil os nenos e nenas de 3 anos representaron a obra de Roberto Vidal Bolaño "Touporroutou da lúa e do sol". Na clase de 4 anos cantaron "Compañeiro sei tocare". En 5 anos puxeron en escena "A gaita e o pandeiro de Roberto Vidal Bolaño". Os nenos e nenas de 1º de primaria fixeron unha película sobre unha obra de teatro "Todo é un conto". Na clase de 2º de primaria recitaron poemas. Os nenos e nenas de 3º de primaria fixeron teatro de títeres coa obra "Rata feroz" e despois cantaron unha canción en inglés. En 4º de primaria representaron a obra "O sol, a lúa e o vento". Os nenos e nenas de 5º de primaria fixeron a obra "The farm" en inglés. En 6º de primaria a obra elexida foi "O casamento do piollo e a pulga" e para rematar cantaron unha canción en inglés sobre os amigos.
 Despedimos aos nenos e nenas de 6º de primaria que inician unha nova etapa no instituto.
 Boa sorte a Aldán, Mara, Brais, Nelphy, Miguel, Noa, Carla, Adrián, Andrea, Yessica, Diana, Eric, Estefanía, Jorge, Óscar, Nerea, Álvaro, Claudia, Carme e Lucas. 
 

23/6/13

V EQUIPO DE COLABORADOR@S DA BIBLIOTECA

Esta é a orla que entregamos aos equipos de colaborador@s da biblioteca de cada curso.
Xa é o quinto equipo de nenos e nenas que voluntariamente axudan todos os recreos na biblioteca facendo un gran traballo.
Grazas a tod@s!

10/6/13

EXPOSICIÓN DO DÍA DA ARTE GALEGA NA ESCOLA

Esta é a exposición coa que celebramos o Día da Arte Galega na Escola. Temos pezas de cerámica de Sargadelos, Buño, Gundivós, Otero Regal... Podemos admirar as obras de artistas como Caxigueiro,José María Prieto, Otero Regal, Abraham Corujo, Hortensio, Paco e sobre todo as creacións dos nosos nenos e nenas do colexio
Gracias a tod@s os que colaboraron nesta exposición.

9/6/13

KAMISHIBAI FEITO POLOS NENOS/AS DE 6º

Este é o Kamishibai feito polos nenos e nenas de 6º. Adaptaron o conto de Ed Young e fixeron os debuxos. A próxima semana irán lelo polas clases ( en galego e en inglés).

5/6/13

II DÍA DA ARTE GALEGA NA ESCOLA

O martes día 4 celebramos no centro o II Día da Arte Galega na Escola homenaxeando a Luis Seoane. Esta edición está adicada á escultura e os nenos e nenas do colexio, coa axuda de dúas estudiantes de Bellas Artes e exercendo de monitores os alumnos/as de 6º de primaria, fixeron esculturas con grandes doses de creatividade e orixinalidade. Tamén temos unha exposición de obras escultóricas de artistas da zona: Otero Regal, Hortensio, Abraham Corujo... e de obxectos de cerámica de Sargadelos, Buño, Gundivós, Burelarte e Otero Regal. O mércores día 5 visitou o colexio o artista Otero Regal para dar unha charla sobre o seu traballo.

4/6/13

XA SAÍU "O CHARLATÁN DE COVAS"





 Xa está publicado o último número do xornal do colexio "O charlatán de Covas". Esta vez adicado a Roberto Vidal Bolaño, o homenaxeado no Día das Letras Galegas 2013. Na elaboración do xornal participaron todos os nenos e nenas do colexio e tamén a ANPA con: poemas, debuxos, receitas, historias... e moitas cousas. Nuns días aparecerá no blog todo o número.
Esperamos que o disfrutedes.