Coma todos os anos, os nenos e nenas trouxeron unha presa de castañas e a ANPA levounas asar a unha panadería da zona e repartíronnas no patio.
Previamente os nenos e nenas fixeron uns contenedores para meter as castañas con materiais de refugallo (xornais, envases de leite...)
O conserxe ensiñoulles como se asan as castañas á maneira tradicional.
As castañas estaban boísimas e acompañáronnas con zume e auga.
magosto 2014 - Movie Maker
Tamén celebramos o Día do Peón cunha exposición no centro de peóns decorados polos alumnos/as e o Manifesto do Peón.
Despois de comer as castañas houbo unha exhibición de baile de peón na que participaron todos os nenos e nenas demostrando que son uns artistas!!!