Os nenos e nenas de 6º e 4º de Primaria asistiron
ao obradoiro“Micropaletagráfica codeco-Charla sobre o pixel e exercicio de animación GIF analóxico” impartida por Juan
Lesta.
Trátase dun sistema que permite
recrear imaxes e animacións mediante a técnica stopmotion, pero
dunha maneira intuitiva.
A micropaleta codeco é un sistema que
nos permite manexar coas mans o concepto tan abstracto e intanxible
como é o pixel.
O que fixemos no obradoiro foi crear un
debuxo con gomets de cores que encaixan nunha cuadrícula e creamos
imaxes de 8 bit analóxicos.
Unha vez creados os debuxos
(fotogramas) polos nenos e nenas, escaneáronse e animáronse.
O resultado foi unha animación dos
traballos de cada alumno/a.
Todos quedaron encantados co obradoiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario