Dende a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vaise impulsar a celebración anual do mes de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO,  do científico Ángel Carracedo,
 profesor de Medicina Legal, Ética Médica e Bioloxía Molecular da 
Universidade de Santiago de Compostela. Conocido investigador e 
divulgador científico, Ángel Carracedo ten colaborado coas bibliotecas, 
tanto públicas como escolares, na difusión dos valores científicos e do 
acceso ao coñecemento. 
Desde a Asesoría de bibliotecas escolares realizouse unha recompilación de recursos dixitais relacionados coa ciencia, en galego,
 que se pon a disposición de todas as bibliotecas: libros e unidades 
didácticas descargables en formato pdf, páxinas web de institucións, 
museos e asociacións de profesores e divulgadores científicos, 
convocatorias e propostas, blogues de ciencia dos centros educativos, 
experiencias de bibliotecas escolares, etc. 


No hay comentarios:
Publicar un comentario