17/2/15

ENTROIDO MATEMÁTICO


Celebramos o Entroido "matemático" seguindo as consignas do Meco e todos no centro levamos postos dende táboas de multiplicar ata reloxos. Tamén degustamos as deliciosas lambetadas que trouxeron os nenos e nenas e por suposto... bailamos.

DÍA DA PAZ

Por fin veu esa raiola de sol tan esperada para celebrar o Día da Paz.
Todos os nenos e nenas do colexio bailaron unha danza solidaria. Despois o alumnado de 6º leu a biografía de Malala Yousafzai (Premio Nobel no ano 2014) e incluíron frases dela a favor da educación.
Os posters foron elaborados polos nenos e nenas de 6º curso.


7/2/15

O MECO ESTÁ NO COLEXIO!

Xa estamos no Entroido e o Meco disfrazouse de Matemático.
Temos que  ler o que nos manda traer cada día da semana.
 Estade  atentos porque é un profesor un pouco despistado e algunha vez comete erros nas operacións matemáticas (pide axuda a mamá ou a papá cando te vaian levar ou recoller ao cole).


6/2/15

XA ESTAMOS NO ENTROIDO!

A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) ten  á disposición dos centros educativos e dos equipos de dinamización da lingua galega novos materiais e recursos relacionados coa celebración do Entroido.
PREME NA IMAXE.

5/2/15

ENIGMAS MATEMÁTICOS... XA SABES A SOLUCIÓN?

Dentro do proxecto monográfico da biblioteca "A biblioteca está chea de números", Lolo propón aos nenos e nenas uns enigmas matemáticos para resolver nas clases. Os máis rápidos en dar a resposta correcta á titora terán un premio especial. Pero non te preocupes se non acertaches o primeiro porque Lolo vai poñervos máis.
 Estade moi atentos cando entredes na aula!