29/10/15
A MICRORREDE DA MARIÑA NO CONGRESO CIBES 2015
Do 26 ao 28 de outubro tivo lugar na universidade Carlos III de Getafe en Madrid o 1° Congreso Iberoaméricano de Bibliotecas Escolares CIBES 2015.
A Mariña estivo representada co proxecto "MICRORREDE DA MARIÑA: dinamizando as comunidades educativas a través da literatura".
Este proxecto vai polo seu quinto ano e nel están integradas as bibliotecas escolares dos centros: EEI San Roque, CEIP de Cervo, CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán de Xove, CEIP Plurilingüe Santa Rita de Galdo, CEIP Antonio Pedrosa Latas de Celeiro, CEP Lois Tobío de Viveiro, CEIP Plurilingüe de Covas, IES María Sarmiento e IES Vilar Ponte de Viveiro.
Os traballos dos escolares coas familias son os protagonistas do proxecto e o obxectivo principal o fomento do hábito lector do alumnado.
Con todos os traballos realízase unha exposición colectiva no concello de Viveiro na semana das Letras galegas.
Durante esa semana hai actividades dinamizadoras participando alumnado, profesorado e familias dos centros integrantes da microrrede.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Noraboa por tanto traballo e moi ben feito! Xuntando comunidades nunha grande Comunidade cada vez mais lectora, con dedicación e esforzo, establecendo grandes redes ainda que o nome sexa "Microrredes" Igual vai implícito o desexo de medrar de micro a macro. Grazas a un grupo de mestras de distintos centros que, ainda que liadísimas nas suas vidas profesionais e tamén persoais, non deixaron de facer xuntanzas, unir sinerxias e comprometerse con un traballo conxunto de Bibliotecas, implicando ás familias e ás comunidades escolares da comarca.
Non é extraño que houbera interese en presentar esta experiencia no CIBES! As valentes representantes do grupo, María e Mari Luz mostraron ese traballo conxunto de bibliotecas escolares e familias.
Grazas a todas mestras implicadas, polo voso esforzo e dedicación! Por facer posibles estas experiencias e levalas cada vez más lonxe, para que se coñezan e xurdan e medren outras redes.
Grazas á inconsumible María Rolle!
Publicar un comentario