20/3/16

GAÑADORA DO CONCURSO DE DEBUXO "MAMÁ TRABALLADORA"

Amanda López Rego de 5º curso de primaria  foi a gañadora do concurso de debuxo "Mamá traballadora" organizado polo Concello de Viveiro co obxectivo de homenaxear á muller traballadora. Consistía en debuxar como ven os nenos e nenas á súa nai traballadora. Amanda dibuxou á súa nai traballando fóra e na casa.

Noraboa Amanda!!

19/3/16

SEMANA ESCOLAR DA ÁRBORE E DA AUGA

O noso colexio participou un ano máis na conmemoración no Día Mundia da Árbore e da Auga que celebramos o día 18 de marzo e organizado pola Diputación.
Este día ás 12 da mañá, os nenos e nenas de 1º de Educación Primaria prantaron unha árbore, un carballo que chamaron POLITA.
Asemesmo dende a Diputación enviaron un libro para o alumnado de Infantil e Primaria ( O castiñeiro dos desexos para Primaria e Érase unha vez un castiñeiro para Infantil) relacionados cos ciclos da auga e da árbore e as Reservas da Biosfera Luguesa.


12/3/16

VISITA DO CLUB CICLISTA DE VIVEIRO


club ciclista16 - Kizoa Movie Maker
  O CONCELLO DE VIVEIRO brindounos a posibilidade de que a FEDERACIÓN GALEGA DE CICLISMO E O CLUB CICLISTA VIVEIRO visitaran o noso centro.
Disfrutamos dun pequeno circuito no patio do colexio, probamos as bicicletas de carreiras e asistimos a unha interesante charla sobre Educación Vial.

3/3/16

VISITA DO C.D. BURELA FÚTBOL SALA PESCADOS RUBÉN

Dentro da campaña de actividade lúdico deportiva XOGADE (Xogos galegos deportivos en idade escolar) e a través do seu programa "Coñece o meu club", un ano máis compartimos unhas sesións de Educación Física co club C.D. Burela fútbol sala Pescados Rubén. Visitaron o noso centro Michel Couceiro, preparador Físico Xuvenil e Cadete, Iago Míguez e Joziane de Oliveira, xogadores de 1ª División. A experiencia foi fantástica e quedamos con ganas de máis. Esperamos poder compartir con eles en outras ocasións.
                                         Moitas grazas