Sofía de 3 anos canta así de ben unha canción adicada á todas as avoas "Miña abuela Manuela".
Que fantástica cantante!
Miña abuela Manuela por Sofía de 3 anos
29/4/17
26/4/17
LUCAS POLO E A SÚA FAMILIA CANTAN "A RIANXEIRA"
Lucas un neno de 2º que con a súa familia cantan estupendamente a canción popular "Polo río abaixo...".
É imposible non poñerse a cantar con eles!
É imposible non poñerse a cantar con eles!
Labels:
Aquí cantamos así,
Lucas Polo,
microrrede 17
PAULA E SOFÍA CANTAN "DEDÍN, DEDÍN"
Paula de 3º e a súa irmá Sofía de 3 anos cantan a canción "Dedín, dedín". Fantástico chicas!
Paula e Sofía cantando Dedín, dedín
Paula e Sofía cantando Dedín, dedín
20/4/17
SARA E NOA CANTAN A CAROLINA
Sara López e Noa Míguez de 4º de primaria elexiron "A Carolina" para o seu traballo. Moi ben chicas!
19/4/17
AQUÍ CANTAMOS ASÍ
Dentro do proxecto da Microrrede da Mariña "A Mariña con moita arte" o noso centro participa cos traballos feitos polas familias e que levan por título "Aquí cantamos así". O obxectivo é achegar as cancións tradicionais de festas, faenas do campo, do mar...aos rapaces máis novos e por eso pedimos ás familias que gravaran unha canción. Traballando coas TICs engadimos un código QR a cada traballo plástico. Cun lector de códigos QR descargado nun dispositivo móvil poderemos escoitar a canción ou ver o video dos traballos das familias.
Xa podemos ver os fantásticos traballos na exposición do colexio.
Xa podemos ver os fantásticos traballos na exposición do colexio.
Labels:
Aquí cantamos así,
exposición colexio,
microrrede 17
18/4/17
LOLA, DE 5 ANOS CANTA "ESTE OLLIÑO PIMPILÍN"
Lola, de 5 anos e irmá de Aldara deleitounos con esta canción tan divertida. Toda unha artista!
LOLA,ESTE OLLIÑO PIMPILÍN
LOLA,ESTE OLLIÑO PIMPILÍN
Labels:
Aquí cantamos así,
Lola 5 anos,
microrrede 17
SARA BARREIRO ARES DE 5 ANOS CANTA CATRO VELLOS MARIÑEIROS
Sara foi ata a praia de Covas para cantar "Catro vellos mariñeiros" e de fondo... San Roque, claro.
Grazas a Sara e á súa familia por este fantástico video.
Sara Barreiro Ares
Sara Barreiro Ares
14/4/17
EDGAR DE 4º , HUGO DE E A SÚA FAMILIA CANTAN ASÍ
Esta canción está interpretada por Edgar, Hugo e a súa mamá Noelia. Ademais está acompañada pola pandereta. Fantástico!
11/4/17
MONTAMOS OS ESCORNABOTS
Coa axuda do Equipo de Colaboradores/as da biblioteca montamos os tres escornabots que mercamos para o centro. Os nenos e nenas divididos en tres equipos coa axuda de Basi, Loli e María fixemos a montaxe dos robots. Despois de recoñecer as pezas e ferramentas dos escornabots, puxémonos desaparafusador en man e pouco a pouco os escornabots cobraron "vida".
Por suposto, xogamos con eles e pasámolo moi ben.
escornabots
Por suposto, xogamos con eles e pasámolo moi ben.
escornabots
10/4/17
VISITA AO COMPLEXO REGAL-XUNQUEIRA
Os alumnos/as de Educación Infantil do colexio visitamos o Complexo Regal-Xunqueira e asistimos a unha serie de actividades moi interesantes:
-Proxección audiovisual sobre o proceso de elaboración de cerámica.
-Visitamos a exposición sobre Maruja Mallo.
-Vimos o museo de cerámicas Regal e outros artistas.
-Fixemos unha visita ao museo do coiro.
-Finalmente visitamos o obradoiro de cerámica en activo, percorrendo os diferentes apartados e procesos de fabricación de cerámica: colado, decorado... e cada alumno/a elaborou tres pezas de cerámica. Despois de secar e cocelas van envialas ao centro.
-Proxección audiovisual sobre o proceso de elaboración de cerámica.
-Visitamos a exposición sobre Maruja Mallo.
-Vimos o museo de cerámicas Regal e outros artistas.
-Fixemos unha visita ao museo do coiro.
-Finalmente visitamos o obradoiro de cerámica en activo, percorrendo os diferentes apartados e procesos de fabricación de cerámica: colado, decorado... e cada alumno/a elaborou tres pezas de cerámica. Despois de secar e cocelas van envialas ao centro.
Labels:
cerámica,
infantil,
visita complexo Regal-Xunqueira
6/4/17
DAVID ESTEBANEZ, O NOSO PEQUENO INVENTOR
Temos un inventor de naves espaciais no colexio. Chámase David e está en 3º de primaria. Gústalle a ciencia e gravou este video explicando o proceso de creación e montaxe dunha nave espacial que voa.
Un fantástico video-titorial e un gran traballo feito por David con materiais sinxelos.
No video lémbranos que para empregar determinadas ferramentas temos que pedir axuda a un adulto.
GRAZAS A DAVID E A SÚA FAMILIA POR ESTE GRAN TRABALLO!
david_nave_espacial
Un fantástico video-titorial e un gran traballo feito por David con materiais sinxelos.
No video lémbranos que para empregar determinadas ferramentas temos que pedir axuda a un adulto.
GRAZAS A DAVID E A SÚA FAMILIA POR ESTE GRAN TRABALLO!
david_nave_espacial
4/4/17
2/4/17
"TRES OSOS" PARA CONMEMORAR O MES DOS LIBROS
Seguimos coas celebracións do Mes dos Libros e esta vez o conto elexido foi "Tres osos" que dramatizaron con moita profesionalidade os nosos colaboradores/as da biblioteca e que disfrutaron os nenos e nenas do centro.
TRES OSOS
TRES OSOS
"A SOPA QUEIMA" DRAMATIZADA POLOS COLABORADORES/AS DA BIBLIOTECA
Un grupiño de Colaboradores/as da Biblioteca puxeron en escena "A sopa queima". Unha historia moi divertida coa que disfrutaron os nenos e nenas de Infantil e 1º para conmemorar o Mes dos libros.
Labels:
A sopa queima,
biblioteca,
día do libro 2017
MES DOS LIBROS (O EQUIPO DE COLABORADORES/AS DA BIBLIOTECA DRAMATIZAN BORIS)
Que boa maneira de celebrar o mes dos libros! Pasámolo xenial coa lectura e dramatización do libro Boris por parte dun grupo do Equipo de Colaboradores/as da Biblioteca.
Asistiron á biblioteca os nenos e nenas de Infantil e 1º de primaria e estiveron moi atentos ás aventuras do oso Boris no seu primeiro día na escola.
Durante a semana seguiremos lendo e dramatizando libros na biblioteca para os rapaces.
Día do libro 2017 from Bibliocovas on Vimeo.
MÁIS SOBRE CARLOS CASARES
Suscribirse a:
Entradas (Atom)