Relacionado co proxecto da nosa biblioteca " Aprender a pensar", todos os cursos investigaron sobre mulleres pensadoras, filósofas, ...e elaboraron traballos sobre: María Montessori, Gloria Fuertes, Ada Lovelace, Concepción Arenal, Emilia Pardo Bazán, Victoria Kent e María Zambrano; con todos fixemos un gran mural.
Nas aulas fixemos un pequeno repaso da figura literaria de Rosalía e recitamos e escoitamos algunhas das súas poesías.
Tamén participamos na proposta colectiva #AbrideAFiestra da asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega decorando as fiestras cos traballos elaborados.
28/2/18
21/2/18
ENIGMA NÚMERO 4
Esta semana e debido á complexidade do enigma Lolo propón un MINI-ENIGMA para os máis pequenos.
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
RECURSOS:
ROSALÍA CANTADA
Poemas musicados adicados a Rosalía feito pola Biblio de Carola.

Para expandir o poder da palabra de
Rosalía de Castro entre a xente nova, a AELG convida a celebrar o Día de
Rosalía de Castro nos centros de ensino con estas accións colectivas de
difusión da súa obra, ideadas a partir do manifesto da AELG:
Educación Infantil e Primaria
Para estas etapas de ensino o lema da proposta #AbrideAFiestra
pode desenvolverse a través de actividades que permitan a cada alumna
ou alumno facerse cómplice da Rosalía de Castro da que se sinta máis
próxima/o. Para isto, despois de facer un repaso da figura literaria da
Autora, e dalgunhas lecturas que dean conta da pluralidade significativa
da súa obra, propoñemos para o venres 23 de febreiro que cada alumna/o
elabore, nun soporte que poida ser pendurado nunha fiestra ou pegado na
parte interior dos vidros das fiestras (tea, cartolina ou similar),
algún elemento iconográfico de Rosalía de Castro e/ou transcriba os seus
versos soltos ou poemas completos para lles dar luz desde as fiestras e
tentar facelos visíbeis socialmente.
Esta iniciativa pretende ademais que o alumnado comparta esta celebración coa súa familia e veciñanza. Para isto faríanse fotos do alumnado, acompañado ou non das súas persoas maiores, portando entre ambos outro pequeno cartel cun verso rosaliano da escolla da alumna ou alumno e mostrándoo nesas fiestras que, coa axuda de Rosalía, abrimos a un mundo e un tempo novo.
A documentación gráfica xerada por estas actividades sería subida á rede polo centro de ensino e polas familias antes do 24 de febreiro, ou ese mesmo día, coa etiqueta #AbrideAFiestra. A AELG comprométese a colaborar na difusión da mesma a través da súa web e redes sociais.

18/2/18
ENTROIDO
Celebramos o Entroido co tema "Un Entroido de conto" relacionado cos contos clásicos.
Durante a semana o Meco-dragón deunos as consignas que tivemos que traer postos ao cole.
O venres fixemos un desfile polo centro xa que o tempo non nos acompañou (tiñamos previsto saír polo Paseo Marítimo de Covas).
Contamos coa visita das familias do cole que viron como aparecían unha morea de nenos e nenas de infantil disfrazados de Peter Pan, Campanilla, o Capitán Garfo e un crocodilo. Os de primeiro e segundo eran Elmer o elefante de cores.
Os ratos e frautistas eran os nenos e nenas de 3º e 4º como O frautista de Hamelín. Os de 5º e 6º elexiron 101 dálmatas para os seus disfraces.
Para contar os contos tiñamos unha avoa contacontos.
Despois do desfile todos os nenos e nenas cantaron as alpuxarradas coa letra alusiva aos contos e a canción do Entroido en Viveiro.
Despois de tanta festa, comimos as lambetadas típicas no patio do colexio.

ENIGMAS 2 E 3
1/2/18
DÍA DA PAZ
Levamos unhas semanas preparando as seguintes actividades para o Día da Paz.
-Mural sobre Xente extraordinaria.
-Canción "Quérote máis" con baile incluído polos nenos e nenas do centro.
- Lectura de poesías sobre a paz.
-Todos os nenos/as e profesorado formaremos o símbolo dunha enorme pomba da paz no chan do patio.
-Video dos nenos e nenas de 6º coa colaboración de Colin (o auxiliar de conversa) dicindo a palabra paz en varios idiomas.
Os nenos e nenas elaboraron un precioso mural sobre XENTE EXTRAORDINARIA que coas súas accións sirve de exemplo ou motiva aos demais para superarse e loitar por un mundo mellor. Os nenos e nenas de infantil buscaron información sobre JACQUES COUSTEAU, en 1º e 2º elaboraron un bonito mural sobre a iniciativa COGE3, os de 3º e 4º traballaron sobre ADRIÁN MARTÍN e en 5º e 6º a persona escollida foi DAVID AGUILAR. Ademais en 6º aportaron dous traballos sobre WANGARI MAATHAI e os CORRESPONDENTES DE GUERRA. Na biblioteca do centro temos expostos libros sobre a paz, convivencia e valores.

OUTRO ENIGMA
Xa temos os acertantes do primeiro enigma!
Lolo está moi contento porque foron moitos os que puxeron a traballar as neuronas e resolveron o problema dos instrumentos musicais.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)