O alumnado de 5º de primaria que participou na SEMANA STEM, fixeron unha presentación das actividades que levaron a cabo durante a súa estancia nos Peares.
Presentaron os catro obradoiros:
-PEGADA ECOLÓXICA
-MICRO-BITS
-ROBÓTICA
-MAKEYMAKEY
Os compañeiros do cole dende primeiro ata 6º presenciaron con moito interese as explicacións dos nenos e nenas.
Ademais realizaron un experimento en directo da contaminación das fábricas versus a contaminación dos seres vivos.
BRAVO CHICOS/AS!
Para conmemorar esta data pintamos as uñas de cores todo o alumnado e profesorado. Os nenos e nenas pintaron as uñas uns a outros ou, no caso dos máis pequenos, os mestres/as.
Baseámonos no libro "Que vivan las uñas de colores" de Luis Amavisca e Alicia Acosta, que limos polas clases.
Con esta actividade queremos concienciar aos nenos e nenas da aceptación dos outros, a diversidade de gustos, eliminar os estereotipios de xénero, a liberdade, tomar conciencia da propia identidade e a diferencia.
Na entrada do colexio temos un espazo para a igualdade, a tolerancia, a inclusión... titulada SEN PREXUIZOS.
Nese cartel están expostos libros sobre a inclusión que podemos atopar na biblioteca do centro.
O
Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) A Mariña-Ortegal,
volve un ano máis a promover a campaña escolar “MARES DE CULTURA OS
NENOS E O MAR”
QUE É MARES DE CULTURA OS NENOS E O MAR?
A
campaña escolar “Mares de Cultura, os Nenos e o Mar” é unha campaña
escolar de sensibilización e divulgación dos valores e dos recursos do
mar, presentada a través dun completo programa de actividades.
O
principal obxectivo é achegar as novas xeracións, escolares de primaria
e secundaria, ó entorno litoral de A Mariña-Ortegal, para descubrir
in-situ a cultura mariñeira, os recursos naturais e as artes e
tradicións pesqueiras relacionadas coa pesca artesanal. Persegue
ademáis, provocar na poboación escolar un cambio de perspectiva cara o
respeto do medio mariño e uns hábitos de consumo responsable dos
produtos do mar. O mesmo tempo, a través desta campaña, póñense en valor
as actividades económicas do sector do mar dunha forma sustentable.
Nesta
quinta edición 2019, a campaña pretende ser un referente de
divulgación, consolidándose como complemento educativo dentro do
programa de actividades escolares dos centros participantes.
O Equipo de Colaborador@s da Biblioteca está a realizar actividades de Formación de usuarios para o alumnado de infantil.
Comezamos polos nenos e nenas de 4 anos que, na hora de ler, foron á biblioteca e os nenos e nenas de 6º ensiñáronlles as normas da biblioteca por medio do xogo das tarxetas. Despois empregaron o LIBROCALIZADOR e por último aprenderon a diferenciar os libros según a cor do gomet que levan no lombo.
Marta, levounos á biblioteca para facer actividades de busca de libros, emprego do librocalizador...
Tivemos a visita de Héctor e Rodrigo da Asociación de Gaitas Cacharela de Covas. Héctor foi alumno do centro e viñeron amosarnos os instrumentos tradicionais que enseñan na Asociación.
Os nenos e nenas aprenderon unha morea de cousas acerca das cunchas, pandeireta, tamboril, bombo e a gaita.
Rodrigo fíxolles unha descrición de cada instrumento e ao final tocaron unha peza de música tradicional acompañados polo noso alumno de 6º de primaria, Anxo, e por todo o alumnado do colexio.
O día 11 celebramos o Magosto e máis o Día do peón.
A semana
anterior realizamos obradoiros nos que os nosos alumnos prepararon, con
material de refugallo, os recipientes para as castañas.
Como todos
os anos, os nenos e nenas trouxeron unha presa de castañas que nos
asaron na panadería e Covas, agás unhas poucas que asou Leti nun bombo,
de xeito tradicional.
Os alumnos e alumnas de 6º axudaron á hora
de repartir e pelar as castañas aos máis pequenos e, como non,
exerceron de monitores nos xogos populares.Xogamos á corda, goma,
chapas, zancos, rá, chave, peón, mariola, guiar o aro e pescamos
castañas.
Tamén disfrutamos dunha exhibición de auténticos especialistas co peón e dunha exposición de peóns decorados.
16 nenos e nenas de 5º de primaria participaron na semana STEM (CIENCIA, TECNOLOXÍA, INXENIERÍA E MATEMÁTICAS) que tivo lugar en Os Peares (Ourense).
"O obxectivo é ampliar os coñecementos
científico-tecnolóxicos a través de estadías dunha semana de duración en
réxime de internado durante os meses de outubro, novembro e decembro
deste ano".
A Semana STEM
forma parte do conxunto de accións da Estratexia para a educación
dixital (Edudixital 2020) da Xunta. "O obxectivo é fomentar o
espírito científico e tecnolóxico entre o alumnado galego, coñecementos
necesarios para dar resposta aos desafíos profesionais do futuro".
Os alumnos/as aprenderon robótica, programación, ciencia, ecoloxía, efecto invernadoiro... ademais de disfrutar dun entorno fascinante e das termas de Outariz en Ourense.
Ademais das experiencias vividas con compañeiros doutros colexios, do traballo cooperativo e dos novos amigos/as.
Para celebrar Halloween decidimos habilitar unha "Habitación Terrorífica" con probas de habilidade para desenmeigar aos nenos/as e profesorado do colexio.
As diferentes probas consistían en: pasar polo túnel do terror, atopar cabazas, lanzar cabazas, atopar bechos, poñer os nomes das partes do corpo ao esqueleto, bailar o baile de Halloween e, con todos os ingredientes facer a pócema para desenfeitizar ao cole. Despois tiñan que ir a un cofre do tesouro onde os esperaba... a cabeza de Daniel, o auxiliar de conversa.
Todo moi tétrico que disfrutaron os nenos e nenas en equipos verticais e como monitores actuou o alumnado de 6º curso de primaria.
Celebramos o Samaín-Halloween cunha exposición de cabazas que trouxeron decoradas os nenos e nenas do colexio.
Estas cabazas serviron para decorar os corredores e a entrada do colexio o día de Samaín-Halloween para recibir ao alumnado. Previamente en cada unha púxose unha candea ou vela para facer o recibimento máis "tétrico".