30/4/20

LOLI QUERE COÑECER A QUE SABE A LÚA

Loli, a mestra de infantil vaivos ler A que sabe a lúa?
Este conto de animais con moita curiosidade.
 Queredes saber a que sabe a lúa?


 
GRAZAS LOLI! ENCANTOUNOS!

29/4/20

O COELLIÑO BRANCO POR SOCORRO, ICÍA E LEDA

Este marabilloso libro é o elexido pola mestra Socorro e as súas fillas Icía e Leda. Para Icía é divertido e a Leda gústalle o personaxe da formiga (a cabra Cabresa dalle un pouco de medo).

Sen dúbida unha boa elección!

 GRAZAS CHICAS!
TOMAREMOS NOTA!

28/4/20

OS/AS PROFES TAMÉN SOMOS BOOKTUBERS!

Os mestr@s e personal non docente do cole tamén queremos ser booktubers!
Queremos recomendarvos algúns dos nosos libros favoritos.
Outros preferimos ler o libro como pasa con Tania, a orientadora do centro, que nos le o marabilloso conto ORELLAS DE BOLBORETA acompañada pola súa familia.
Recoñecedes a voz da nena?

Mi video from Tania Gonzalez Lage on Vimeo.

Que bonito, non si?
Seguro que vos encantou!

GRAZAS A TANIA E A SÚA FAMILIA POR ESTE CONTO TAN BONITO



27/4/20

MARTIN, UN BOOKTUBER DE 4º DE INFANTIL

Martín é un neno de 4º de infantil que nos recomenda A CEBRA CAMILA.
Unha boa suxerencia!
GRAZAS Martín!


25/4/20

A ROI GÚSTALLE O LIBRO LA SOPA QUEMA

Roi, 5º EI

A Roi de 5º de infantil gústalle o libro LA SOPA QUEMA, e non só nos conta o libro senón que axudado pola súa nai nos explica como se prepara unha deliciosa sopa.
Roi xa é un experto booktuber!

Como di ao final... LER MOLA!

GRAZAS ROI! Vou preparar esa sopa agora mesmo!

XAVI RECOMENDA UNHA MOREA DE LIBROS

xavi-5 anos from MisisRoller on Vimeo.

xavi-5 anos

Xavi ten 5 anos e gústanlle unha morea de libros: de emocións, de Asterix, de animais... e tamén os puzzles.

GRAZAS XAVI! Tomaremos nota das túas recomendacións.

24/4/20

OS LIBROS QUE MÁIS LLES GUSTAN A DANIEL E MARTIÑO

Daniel e Martiño son dous irmáns que van en 4º de infantil.
Mándanos unha foto cos seus libros favoritos.


 MARTIÑO elixiu  LOS TRES CERDITOS e LOS ANIMALES.


A DANIEL gústalle O PAPÓN.

GRAZAS CHICOS POR ESTAS ESTUPENDAS RECOMENDACIÓNS!

LUCAS ESTÁ LENDO...

Lucas vai en 4º de primaria e está a ler o libro WIGETTA sobre fantásticas historias interactivas baseadas nos videoxogos.

GRAZAS LUCAS POLA TÚA RECOMENDACIÓN!

23/4/20

SABELA PRESENTA O LIBRO KITTY

Sabela é unha nena de 2º de primaria que nos fala do seu libro favorito titulado KITTY.

 Unha historia moi "gatuna".

 GRAZAS SABELA! 

Estou seguro de que aos teus compañeir@s vailles encantar o libro!


Sabela de 2º

HUGO DE 2º LE O LIBRO PINOCHO


Este neno é Hugo e estudia 2º de primaria. Hoxe, no día do libro quere ler para todos os nenos e nenas do cole o libro PINOCHO.

Non hai mellor maneira de celebrar este día tan especial!

GRAZAS HUGO!

MES DOS LIBROS - DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL- DÍA MUNDIAL DO LIBRO

Este mes de abril coñecese tamén como o 
MES DOS LIBROS porque durante este tempo celebramos o
e o


(23 de abril).

Video-homenaxe aos nenos/nenas do cole de parte de Lolo.




 QUEREDES INVESTIGAR UN POUCO?
LOLO ten dúas preguntas para vós.

 1-Por que se conmemora o DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL o día 2 de abril?

2-Por que celebramos o DIA MUNDIAL DO LIBRO E DEREITOS DE AUTOR o día 23 de abril?

Tan so tedes que ir aos enlaces que hai enriba do video.




22/4/20

DÍA DA TERRA

Hoxe día 22 de abril conmemoramos o DÍA DA TERRA (EARTH DAY) ou DÍA DA MADRE TERRA.
 Bótalle unha ollada a estos enlaces e faite a pregunta... como podo axudar eu ?




dia da terra

bandeira do dia da terra

Algúns libros sobre a natureza:










21/4/20

MES DOS LIBROS DENDE AS BIBLIOTECAS ESCOLARES GALEGAS

https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/?q=node/1304Aínda na distancia, o mes de abril ferve nas bibliotecas escolares galegas cunha gran variedade de actividades arredor do libro e a lectura. As circunstancias excepcionais obrigan a dar unha pensada á programación do Mes do Libro, as recomendacións e lecturas virtuais, os retos, a participación das familias, a creatividade... ocupan agora este espazo, diferente pero igualmente rico.





Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor - 2020



Achégase o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, en acepción da UNESCO, e desde a Consellería de Educación, Universidade e formación Profesional edítase o díptico para conmemorar este día 23 de abril de 2020.
Acudiuse, como en anos anteriores a unha persoa referente da literatura galega actual, neste caso ao escritor, xornalista e divulgador da cultura de Galicia, Manuel Gago, quen creou un texto orixinal cedido xenerosamente para esta pequena peza de difusión do Día do Libro, centrándose nas potencialidades do libro e da lectura e que nos agasalla esta evocadora afirmación: 
"Cada libro que lemos queda gardado no noso peito como semente, paxaro ou xabarín"
Que a primavera entre polas fiestras e traia a voz das aves para acompañar as nosas lecturas!

20/4/20

FALECEU LUZ POZO GARZA, A POETA FILLA ADOPTIVA DE VIVEIRO

LUZ POZO GARZA, poeta que foi nomeada Filla adoptiva de Viveiro, morreu o día 20 de abril na Coruña. Tiña 97 anos.

Foi poeta, escritora e unha das figuras máis emblemáticas da poesía galega. Ainda que naceu en Ribadeo estaba moi vinculada a Viveiro onde estivo vivindo.
Escribiu poesía e ensaio. Unha das obras máis coñecidas é o CÓDICE CALIXTINO en 1986.
Recibeu moitos premios entre os que destaca a Medalla Castelao.

Máis información sobre esta poeta.


ROQUE LE...

Este é Roque e vai en 4º de infantil.
Como vedes ten dous libros favoritos.
Que bonito ver aos nenos/as lendo!



GRAZAS ROQUE! A Lolo tamén lle gusta Elmer!

PAULA, A NOSA BOOKTUBER XIMNASTA, RECOMENDA...

Paula recomenda "Verano en blanco" from M Socorro Giz García on Vimeo.

Paula é unha nena que estudia 5º de primaria.
Como lle gusta moito e practica a Ximnasia Rítmica, está lendo un libro escrito por Almudena Cid que se titula VERANO EN BLANCO.

GRAZAS PAULA! Practicarás na casa ximnasia, non si?

19/4/20

A DAFNE GÚSTALLE...

 A Dafne de infantil gústalle moito o libro de EL POLLO PEPE.
Aquí tedes a foto co seu libro favorito.

GRAZAS DAFNE! Elexiches un libro precioso!



JAIRO E O SEU LIBRO PREFERIDO

Jairo de 5º de infantil le na cama o marabilloso libro en formato pop-up de EL MONSTRUO DE COLORES.
 

 GRAZAS JAIRO! DISFRUTA DA LECTURA! 


jairo from MisisRoller on Vimeo.

JAIME e EDU LEN O LIBRO LÚA

Mirade a Jaime de 4º de infantil e o seu irmán Edu lendo o libro LÚA. Están a pasalo xenial!

GRAZAS RAPACES! DISFRUTADE COA LECTURA! 


jaime-edu from MisisRoller on Vimeo.

18/4/20

ALDARA RECOMENDA...


Aldara estudia 6º de primaria e, como gran lectora, ten unha biblioteca chea de libros interesantes, como estes que nos recomenda, EL DIARIO DE ANNA FRANK e MORIRÁS EN CHAFARINAS.
Grandes títulos para nen@s lector@s!

GRAZAS ALDARA POLAS TÚAS RECOMENDACIÓNS!

aldara from MisisRoller on Vimeo.

LOLA, UNHA BOOKTUBER DE 3º...

lola from MisisRoller on Vimeo.


Lola de 3º de primaria recomenda unha colección completa de A BANDA DE ZOE.
Como podedes ver Lola non se aburre.
GRAZAS LOLA! Grazas polas túas propostas!

17/4/20

SAÚL E LUCÍA, DOUS IRMÁNS BOOKTUBERS

Saúl de 6º de primaria recomenda aos compañeiros/as a lectura dos libros da colección LOS FUTBOLÍSIMOS. Como é un gran lector tamén leu o libro EL DIARIO DE GREG.

GRAZAS SAÚL E SIGUE LENDO!



saul from MisisRoller on Vimeo.



A irmá de Saúl chámase Lucía e vai na clase de 4º de infantil.
Lucía cóntanos que lle gusta ler COCORICO e EL MOSTRUO DE COLORES.

GRAZAS A SAÚL E LUCÍA POLAS VOSAS RECOMENDACIÓNS!


lucia from MisisRoller on Vimeo.



<

A LIDIA GÚSTALLE...

A Lidia de 4º de infantil gústalle este clásico de CAPERUCITA ROJA nun precioso formato pop-up.

GRAZAS LIDIA pola túa recomendación!





16/4/20

LUCAS XA É BOOKTUBER

Lucas estudia 5º de primaria e gústalle moito a colección de EL DIARIO DE GREG. Dende logo ten unha morea de libros de este personaxe tan divertido. Non tardarás moito en querer lelo ti tamén!

 GRAZAS LUCAS!


Lucas recomenda "O diario de Greg" from M Socorro Giz García on Vimeo.

MAURO DE INFANTIL RECOMENDA...


 Mauro recomenda o libro ROGER O RATO, que ten problemas cun bote de pintura...
Seguro que nos encanta, Mauro! GRAZAS E CUÍDATE!


Mauro recomenda "Roger o rato" from M Socorro Giz García on Vimeo.

SARA, UNHA BOOKTUBER DE 3º

sara from MisisRoller on Vimeo.


Estas son as recomendacións de Sara, unha nena de 3º de primaria e como non se decide por un libro só, ela vainos falar de dous que son os seus preferidos.

GRAZAS SARA! Fixéchelo tan ben que seguro que aos demais nenos e nenas tamén lles van gustar!

DAVID, TOLO POLO FÚTBOL


Hola, son David de 5° de primaria. 
Os envío una foto de uno de los libros que me leí durante estos días, como me gusta mucho el fútbol mis padres me regalaron este por mi cumpleaños, se titula "Una historia de fútbol " y me gustó  mucho.

GRAZAS DAVID! Que ben unindo dúas paixóns, o fútbol e a lectura!

15/4/20

A GEMMA GÚSTALLE... COCORICO

 A Gemma de 4º de infantil gústalle moito ler, e un dos seus libros favoritos é COCORICO.
E para recomendarllo a todos os nenos e nenas mándanos esta foto tan bonita.
GRAZAS GEMMA! LE MOITO E CUÍDATE!

Un segredo... Cocorico tamén é o meu libro favorito.

IRENE FERNÁNDEZ XA É UNHA BOOKTUBER!

Esta é Irene Fernández de 5º de primaria. Ela recomenda Alicia en el País de las Maravillas, un clásico.
Grazas Irene!
Cuídate moito e ... le!

13/4/20

IAN RECOMENDA...

 A Ian de 5º de primaria gústalle a banda deseñada  e  mándanos unha foto lendo un dos seus comics favoritos.
Grazas Ian!

ICÍA E LEDA, NOVAS BOOKTUBERS!

Icía de 5º de primaria e Leda de 5º de infantil recoméndanvos estes libros.
Que mellor idea para pasar estes días que os libros!

Grazas rapazas! Bo traballo!


Leda recomenda Os petos de Loreto. CEIP Plurilingüe de Covas


Icía recomenda Alex Colt. CEIP Plurilingüe de Covas

11/4/20

A MAXIA DAS APERTAS





Dende o noso cole queremos tranmitirvos a importancia e os beneficios das APERTAS, sobre todo nestes momentos que estamos a vivir.

Moito ánimo!!!!


 Mil apertas para tod@s. #QuedaNaCasa Ver menos

4/4/20

XA TEMOS BOOKTUBERS!! -LOLA (4º de Infantil)

Lola é a primeira booktuber e mirade que gracia ten recomendando o libro A BRUXA REGAÑADENTES.

GRAZAS LOLA!



3/4/20

QUEREDES SER BOOKTUBERS? MES DOS LIBROS

Ao mes de abril  tamén lle chamamos o MES DOS LIBROS porque o día 2 é o Día Mundial do Libro Infantil, e o 23 é o Día Mundial do Libro e Dereitos de Autor.

  Estes días seguro que tiveches a oportunidade de ler moito. Seguro que volviches ler libros que tiñas na casa ou libros online.
Pois imos propoñerche unha actividade dende a biblioteca...



QUEREDES SER BOOKTUBERS? 


Tan só tedes que gravar un video falando sobre un libro (o que estades a ler, recomendando algún que vos gustara, o libro que lle gusta a teu pai/nai...) 
Podedes gravar o video toda a familia. 

 O video que non dure máis dun minuto...  e tedes todo o mes de abril para facelo.

Poñédevos guap@s, collede o libro/s e...  
3, 2, 1...ACCIÓN! 


  Si o teu non é o video, podedes tamén

 ENVIAR unha foto co LIBRO que estades a ler ou que vos están a ler vosos pais/nais...





Envíanos o video/foto poñendo no asunto:
 "mes dos libros" ao correo:

comparte.ceipcovas@gmail.com



2/4/20

DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO


Os nen@s do cole de Covas reivindican a través dos seus debuxos unha plena inclusión das persoas con autismo baixo a campaña "Podo aprender, podo traballar".

Tamén nos sumamos á iniciativa mundial Light It Up Blue, sae á túa xanela ou balcón o 2 de abril ás 21h e ilumina de azul co teu móbil ou lanterna.
#DíaMundialAutismo #LIUB

https://www.facebook.com/125689758187766/posts/673602506729819/