Celebramos o Día da Poesía, da Árbore e da Auga coa visita de Jaime Oroza.
Jaime vive en San Pedro (Viveiro), ex profesor de inglés, escritor, poeta e fotógrafo achegounos coas súas fotos ás marabillas do Souto da Retorta, o Penedo do Galo, o Castelo, San Roque, a Silvarosa...
Ademais amosounos impresionantes imaxes da natureza con cabalos, bolboretas, paxaros, cascadas, árbores autóctonos...
Non faltaron as fotos dende o mar coas vistas ao Fuciño do Porco, praias de Sacido, Seiramar, a Illa da Gabeira... natureza en estado puro!
Todo esto regado pola música de acordeón do seu amigo Simón.
Escoitamos como recitaba os seus versos que teñen a estrutura dos Haikus.
A poesía de Jaime está ligada á natureza falándolle ao vento, aos paxaros... "Zoa o vento", " O canto do malvís"...
Os nenos e nenas de 5º e 6º disfrutaron con esta visita chea de poesía, natureza e música!