Só nos faltaba o vídeo 😍😍😍😍😍
25/2/22
INFANTIL E OS ESCORNABOTS!!!!!!
Os máis peques son os nosos futuros científicos. Traballan cos escornabots e elaboran xogos e circuitos para eles💙💙💙💙
24/2/22
Alpuxarrada MODA COVASMOLA!!!!
Mañá temos a festa de Entroido é, como é tradición todos os anos, interpretaremos a Alpuxarrada como peche. Este ano o título é "Moda Covasmola" .
Aquí vos deixamos a letra!!!
23 de febreiro, Día de Rosalía.
No día de Rosalía os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Primaria deleitáronnos cun Kamishibai sobre a vida de Rosalía e outro sobre a súa obra.
Estupendo chic@s!!!!!! 👏👏👏👏👏
22/2/22
Obradoiro de disfraces Covasmola
Achégase a data!!!!!!
Estamos rematando os nosos disfraces para a gran festa que imos celebrar este venres. E que estamos a facer?
Pois seguindo os mandados da nosa PDI "Covasmola", estamos elaborando os nosos disfraces a partir de roupa usada que trouxemos da casa. Concienciamos ao alumnado que que a industria textil é unha das máis contaminantes do planeta. Así que creamos a nosa propia "Moda Covasmola" desmontando, montando, cosendo, ..., en resumo, reutilizando roupa dándolle ás á nosa creatividade.
A experiencia está sendo fantástica!!!!!
O venres veredes o resultado na nosa "Pasarela Covasmola"
Este ano tamén entonaremos a nosa alpuxarrada elaborada para a ocasión ❤❤❤❤
Adiantámosvos un pouquiño....