31/3/22

Famillias Xeniais de 1º e 2º de Primaria!!!!

Onte foi a quenda de 1º e 2º do Obradoiro de Familias Xeniais dentro do programa lectura e Familias.

Voltamos ter o aforo completo!!!! Como nos gusta ter a Bibliocovas chea!!!!😍😍😍😍😍

Familias enteiras disfrutando con Genially e incluso antigos alumn@s cos seus irmáns.👏👏👏👏👏👏👏

Outro día XENIAL!!!













30/3/22

Familias Xeniais de Infantil

Onte empezamos cos obradoiros das Familias Xeniais dentro do programa Lectura e Familias. Arrincamos coas familias de Infantil.

O noso centro é suscriptor de Genially así que onte aprendimos a xogar, a manipular e a crear recursos co programa e Pasámolo xenial.

Moitas grazas á pofe Vane, aos profes de infantil e a todas esas familias xeniais e disfrutonas que lles gusta vir ao cole!!!!!!!!!







         





24/3/22

Valentina!!!!!

O pasado luns 21 de marzo foi o Día Mundial da Síndrome de Down así que hoxe o alumnado de 6° de Infantil e de 1° de Primaria fomos ao Teatro Pastor Díaz a coñecer a "Valentina".😍😍😍😍😍

Moitas grazas ao Concello de Viveiro por convidarnos e a ASPANANE por achegarnos a esta Síndrome dun xeito tan especial.👏👏👏👏👏👏






       



  




22/3/22

Semana da Prensa en Infantil!!!!

O alumnado de Educación Infantil están a traballar nun novo proxecto de "Superheroes", si si, de Superheroes.

Crearon os seus propios superheroes cós seus superpoderes e publicaron na prensa os seus personaxes e as súas aventuras. Lembremos que a algún superheroe lle gusta traballar no periódico 😍😍😍😍😍😍

Aquí vos deixamos as súas creaccións como redactores 👏👏👏👏👏👏