29/2/24

Protección Ambiental. Policía autonómica de Galicia.

Hoxe tivemos unha formación por parte da Policía Autonómica de Protección Ambiental para o alumnado de 5º e 6º.

En Galicia temos máis de 600 millóns de árbores e o 70% da paisaxe son bosques. Precisamos aprender a coidar a nosa contorna!!!!. No noso Covasmola a sustentabilidade e o coidado do medio ambiente son eixes fundamentais.

Moitas grazas pola formación 👏👏👏👏👏👮👮👮👮











28/2/24

Contextos Familiares de 3º a 6º. Unha grande experiencia

Onte tivemos a actividade "Contextos familiares" dirixidas ás familias de 3º a 6º de Educación Primaria dentro do programa Lectura e Familias.

A actividade consistía en que as familias puideran traballar cós seus fillos e os seus compañeiros nos contextos de aprendizaxe que stiveran realizando nese momento. Xa sabedes que, desde o pasado curso 22-23, o CEIP Plurilingüe de Covas incluiu un cambio metodolóxico no seu proxecto educativo que garante o traballo por ámbitos de aprendizaxe no seu horario.

Este era o momento de compartir coas familias a experiencia do traballo competencial en gupos internivel. 

Foi todo un éxito!!!!😍😍😍😍😍😍


























27/2/24

Contextos Familiares 1º Ciclo Lectura e familias

Tiñamos pendente a data para traballar en familia dentro dos contextos de aprendixaxe e xa está aquí


MARTES 5 de MARZO de 10:50h a 12:15h

Nesta ocasión tamén o programa Lectura e Familias ofrécevos ás familias a posibilidade de traballar cós vosos fillos por recantos. Non deixedes pasar a ocasión.

Tedes ata o venres 1 de marzo para apuntarvos!!!!







23/2/24

Polo Día de Rosalía 2024

Polo Día de Rosalía fixemos diferentes actividades.

Fabricámola na impresora 3D e colocámola con Covas de fondo.




A aula de primeiro traballou o poema Miña casiña meu lar e representouno a través da súa arte



Os nenos e nenas de 3 anos traballaron a través da lectura "Parece unha roseira" e da música de "Rosalía pequeniña".






A nivel centro liberamos poemas de Rosalía que escribimos nuns pergamiños que logo quedaron recollidos nunha xaula.










A través de Voz Natura florecerá o Xardín de Rosalía que nace no sementeiro.