Hoxe puidemos, por fin, facer o xogo "XOGA COVASMOLA", broche final do noso Entroido.
Os nosos disfraces eran seis diferentes e cada un deles representaba os eixos sobre os que se sustenta o Covasmola:
- Mazás: alimentación saudable
- Zapatillas: mobilidade
- Árbores: sustentabilidade
- Termómetros emocionais: educación emocional
- Educadores sociais (stop bullying): educación social
- Corazóns: educación sexual
Xogamos por equipos de temáticas nun gran tabloreiro no que había que superar retos e preguntas relacionadas coas seis temáticas citadas para así completar a palabra "Covasmola" no marcador. Incluso tiñamos casiñas de Lolo e, xa sabedes, de "Lolo a Lolo porque molo" e as fichas do xogo fumos nós.
Os primeiros foron os corazóns pero todos gañamos en aprendizaxe, traballo colaborativo e diversión.
Foi un día xenial!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario