26/11/24

Conmemoramos o 25N: Violetas e Anxo Moure

 A flor elixida para a data, como non podía ser doutro xeito, foi a "Violeta" tal e como anunciamos o día de onte. O equipo de colaboradoras da Bibliocovas entregou ás diferentes aulas unha violeta e un convite para visitar a presentación sobre dita flor  feita por elas e material para facer violetas.












Taballaron un montón para facelas. Houbo ata marabillosos centros de mesa!!!😍😍😍😍😍😍






Os máis peques fixeron as súas propias pulseiras para traballar o día.



O alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria tiveron un Obradoiro de corazóns de papel reciclado con Anxo Moure. Empregaron noticias de xornais sobre violencia de xénero e guerras acompañada dunha sesión de contacontos sobre a solidaridade con material de comercio xusto.




















24/11/24

Violetas polo 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres

Polo 25N as flores escollidas foron as violetas, principalmente pola súa cor.
Premede na imaxe para descubrir o traballo deseñado polas colaboradoras da Bibliocovas para a ocasión.

Parabéns equipazo!!!!!!!!








20/11/24

20 de Novembro, Día Internacional dos Dereitos da Infancia

Hoxe é o día dos dereiros da infancia e os nenos de 5° fixeron un programa de radio xenial

Preme na imaxe para escoitalo!!



No recanto creativo do contexto humanístico o alumnado de 5º e 6º creou un libro sobre os dereitos, deberes e liberdades dos alumnos.

Neste plan traballamos a Constitución na que se recollen os dereitos, deberes e liberadades dos cidadáns.


En infantil traballaron un corazón formado polos dereitos dos nenos e nenas.