A flor elixida para a data, como non podía ser doutro xeito, foi a "Violeta" tal e como anunciamos o día de onte. O equipo de colaboradoras da Bibliocovas entregou ás diferentes aulas unha violeta e un convite para visitar a presentación sobre dita flor feita por elas e material para facer violetas.
Taballaron un montón para facelas. Houbo ata marabillosos centros de mesa!!!😍😍😍😍😍😍
Os máis peques fixeron as súas propias pulseiras para traballar o día.
O alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria tiveron un Obradoiro de corazóns de papel reciclado con Anxo Moure. Empregaron noticias de xornais sobre violencia de xénero e guerras acompañada dunha sesión de contacontos sobre a solidaridade con material de comercio xusto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario