Chegou o último día de escola do ano, e con el o día máis especial.
Dentro do noso PDI "Florece Covasmola" temos tres actividades de centro na que participamos todo o cole e o Nadal é a primeira.
En que consistiu a nosa celebración este 2024?
Desde principios de mes estivemos preparando o "Salón Florece Covasmola", transformamos a Bibliocovas nun saló de baile vienés para poder ofrecerlle aos Reis Magos o noso agasallo, bailar valses como ben manda a tradición nestas datas.
Infantil, 1º e 2º de primaria bailou o valse da Bela Durminte de Tchaikovsky
Os nenos e nenas de 3º a 6º de primaria bailaron, como non podía ser de outro xeito no "Salón Florece Covasmola", o valse das flores do mesmo compositor.
A actuación rematou coa Marcha Radetzky con percusión corporal.
Este foi o broche de ouro dun salón engalanado con todo detalle para a ocasión coa colaboración entre a biblio creativa e polos creativos e, presidindo a decoración como grandes protagonistas, as flores de pascua.
Antes de ir ao baile foi necesario engalanarse para a ocasión así que fixemos uns obradoiros de caracterización e deseño de xoiería para estar a punto para a actuación. Non esquezamos tamén as camisas e paxariñas que fixemos como manda o protocolo nos bailes de gala.
Despois do baile fixemos as fotos no photocall do salón. Estamos de cine!!!!
Por último agradecerlle aos Reis Magos de Oriente que nos recibisen na entrada do cole e atendesen as nosas peticións tanto en persoa como nas nosas cartas na caixa de correos real.
E Papa Noel este ano veu en descapotable. Como nos gusta bailar con Papa Noel!!!!