31/1/25

Arrincan os obradoiros de costura para o Entroido!!!

Hoxe empezou unha das actividades que máis no gusta no cole, os obradoiros de costura para os disfraces de Entroido. Todo o cole nos repartimos en seis grupos, en cada grupo hai nenos e nenas de todas as aulas do cole, é dicir, traballamos en grupos verticais interniveis. Cada grupo elabora un disfraz diferente, deste xeito garantimos que en cada grupo aula teña representación de todos os disfraces.

Esta actividade de centro está incluída dentro do noso PDI "Florece Covasmola" e conta coa colaboración de polos creativos dentro da biblioteca creativa.

Xa non vos imos dar máis pistas!!!!
























































No hay comentarios: