A impresora 3D está que non para esta tempada. Xunto aos seres Covasmola chegaron algúns personaxes dos que máia nos gustan directamente da 3D.
Creacións que traen sorrisos!!!
CEIP PLURILINGÜE de COVAS-VIVEIRO (LUGO)
A impresora 3D está que non para esta tempada. Xunto aos seres Covasmola chegaron algúns personaxes dos que máia nos gustan directamente da 3D.
Creacións que traen sorrisos!!!
A pasada semana celebramos a xornada de portas abertas para a admisión do novo alumnado do vindeiro curso 26-27.
Lolo, a nosoa mascota, estivo traballando na impresora 3D e fixo uns agasallos para os nenos e nenas que nos visitaron.
Agardamosvos aquí no vindeiro curso!
Mariña, o noso ser Covasmola da Ciencia, veu ata a aula de 6º de educación infantil facer uns experimentos.
Aproveitando as mondas das merendas das froitas saudables, decidimos levar a cabo un experimento a través da observación directa e sistemática. Recollimos mondas de plátano, mandarina e kiwi. Formulamos hipótesis das cousas que lles podían ocorrer. Co transcorrer dos días notamos os cambios que acontecían.;
a onde se foi a auga da monta da mandarina?
cambiou de cor a monda do plátano, estase a oscurecer?
a monta da mandarina está dura? s
aen manchinas coma se fosen de po?....
Aprendemos que se pode facer cos restos orgánicos, os seus empregos no campo tanto para os animais coma para a terra. Descubrimos a importancia de depositalos no colector correspondente.