Mariña, o noso ser Covasmola da Ciencia, veu ata a aula de 6º de educación infantil facer uns experimentos.
Aproveitando as mondas das merendas das froitas saudables, decidimos levar a cabo un experimento a través da observación directa e sistemática. Recollimos mondas de plátano, mandarina e kiwi. Formulamos hipótesis das cousas que lles podían ocorrer. Co transcorrer dos días notamos os cambios que acontecían.;
a onde se foi a auga da monta da mandarina?
cambiou de cor a monda do plátano, estase a oscurecer?
a monta da mandarina está dura? s
aen manchinas coma se fosen de po?....
Aprendemos que se pode facer cos restos orgánicos, os seus empregos no campo tanto para os animais coma para a terra. Descubrimos a importancia de depositalos no colector correspondente.

.jpg)











No hay comentarios:
Publicar un comentario