Día Escolar da Paz e a Non Violencia, que se celebra o 30 de xaneiro, data da morte de Gandhi (fai agora 65 anos).
As bibliotecas escolares comezan a difundir as súas propostas, poñendo a disposición das súas comunidades educativas recursos variados e apoiando as iniciativas do centro para a educación en valores, que vén sendo o motivo de toda esta actividade.
Como despedida do primeiro trimestre, os nenos e nenas de 6º de Primaria cantaron e bailaron "O rap do Nadal" creado por eles, para felicitar a toda a comunidade educativa e sobre todo para animar a "ler libros este Nadal".
Ollos de aula é a revista que edita a CGENDL (Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística) para as familias do alumnado. No número deste mes trata os temas do reforzo educativo, os xoguetes do Nadal ou o Informe do Consello Europeo sobre a política lingüística da Xunta.
Tedes toda a información e a posibilidade de descargas no enlace se premes na imaxe.