Ao mes de abril tamén lle chamamos o MES DOS LIBROS porque o día 2 é o Día Mundial do Libro Infantil, e o 23 é o Día Mundial do Libro e Dereitos de Autor. Estes días seguro que tiveches a oportunidade de ler moito. Seguro que volviches ler libros que tiñas na casa ou libros online. Pois imos propoñerche unha actividade dende a biblioteca...
QUEREDES SER BOOKTUBERS?
Tan só tedes que gravar un video falando sobre un libro (o que estades a ler, recomendando algún que vos gustara, o libro que lle gusta a teu pai/nai...) Podedes gravar o video toda a familia.
O video que non dure máis dun minuto... e tedes todo o mes de abril para facelo.
Poñédevos guap@s, collede o libro/s e... 3, 2, 1...ACCIÓN!
Si o teu non é o video, podedes tamén
ENVIAR unha foto co LIBRO que estades a ler ou que vos están a ler vosos pais/nais...
Envíanos o video/foto poñendo no asunto:
"mes dos libros" ao correo: comparte.ceipcovas@gmail.com
Os
nen@s do cole de Covas reivindican a través dos seus debuxos unha
plena inclusión das persoas con autismo baixo a campaña"Podo
aprender, podo traballar".
Tamén nos sumamos á iniciativa
mundial Light It Up Blue, sae á túa xanela ou balcón o 2 de abril
ás 21h e ilumina de azul co teu móbil ou
lanterna. #DíaMundialAutismo#LIUB