21/12/22

MENSAXE DE NADAL DO CEIP PLURILINGÚE DE COVAS!!!!

O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria deseñaron, no Contexto Lingüístico, mensaxes de Nadal para felicitar as festas desde o Cole.

Tiñamos que elixir unha mensaxe pero gustábannos todas así que decidimos facer unha escolma para configurar unha gravación do máis orixinal.

Agardamos que vos guste!!!!!

BOAS FESTAS!!!!!!!




 
 
 

20/12/22

Recomendacións Lectoras Para o Nadal 2022!!!!

Aquí vos deixamos as Recomendacións Lectoras de Lolo para o este Nadal.

E Lembrade que ... 

O mellor agasallo sempre é un libro!!!!







  
 
  


PACO NOGUEIRAS!!!!

Hoxe tivemos a actuación estelar de Paco Nogueiras!!!!!

Queremos agradecerlle á ANPA que o fixera posible!!!!!

Cantamos un montón!!!!!!











 
 
 

COVASMOLA 2.0 Cara o Belén!!!!

Mañá NON chove!!!!

Imos realizar o camiño cara o Belén Xigante de Viveiro desde o cole de Covas a pé. Xa sabemos que gozamos enormemente deste tipo de actividades pola mobilidade incluídas no noso PDI para este curso COVASMOLA 2.0



 
 

19/12/22

O APALPADOR!!!

Hoxe tivemos a visita do APALPADOR para os máis peques do cole.

Encántanos realizar estos encontros coa Residencia de Maiores DomusVi de Viveiro.

Deixámosvos algunhas imaxes da visita ao cole e do Mercado Solidario no que participamos coas nosas manualidades.










 
 
 

15/12/22

"La gran fábrica de las palabras" en 6º de Educación infantil


Esta marabillosa historia de amor deu lugar a unha actividade divertidísima!!!!
Despois de traballar o conto escribimos as nosas verbas favoritas en bolboretas que puidemos dar caza cuns zalabardos (trueiros) a modo de cazabolboretas 😍😍😍😍😍







 

7/12/22

PDI "COVASMOLA" PREMIO NACIONAL de BUENAS PRÁCTICAS 2022

 ESTAMOS FELICES!!!!!!!!

O noso PDI "COVASMOLA" acaba de acadar o Premio Nacional de Buenas Prácticas en centros educativos 2022 na categoría de Saúde Integral.

Covasmola é o inicio, Covasmola é a semente, é a ilusión, é o traballo ben feito dunha comunidade que avanza, que se supera, que se ilusiona e que non perde oportunidade de seguir medrando.

Infinitas grazas polo recoñecemento a este gran Proxecto que sempre será identitario da nosa filosofía de centro.

Seguimos con COVASMOLA 2.0!!!!!!!