3/6/26

I Xuntanza de sextos no Cole de Covas

Onte, o alumnado de sexto, tivemos o enorme pracer de ser os anfitióms e anfitionas da I Xuntanza de sextos de todos os coles de Viveiro e O Vicedo.
O vindeiro curso seremos compañeiros e compañeiras nos IES María Sarmiento e Vilar Ponte. Ter a oportunidade de xuntarnos antes, coñecernos, xogar e compartir fará máis levadeiro o grande cambio que nos agarda. Deixamos o cole e levamos moitos e marabillosos recordos. Chega unha nova etapa e imos a por ela con moita ilusión!
Para recibir aos novos compañeiros dedicámoslles unhaspalabras, organizámoslles xogos, tivemos un recuncho de expresión artística, merendamos e como recordo unha chapa do día feita por nós e unha tarxetiña onde poder asinar e escribir todos os novos amigos e amigas.

O Día foi impresionante!!!! Pasámolo bárbaro!!!
Moitas Grazas ao CEP Lois Tobío, CEIP de Celeiro, CPR LANDRO, CEIP O Vicedo e CEIP Plurilingüe Santa Rita por facelo posible.























































OS SACAPENAS DE 6° DE E.I

Despois da escoita do conto, cada neno elaborou a súa versión do sacapenas coa pasta branca de modelaxe. Posteriormente pintáronna coa pintura flúor da luz negra. Así de lúcidas quedaron.















1/6/26

ÚLTIMOS RECANTOS DE EXPLORADORES.

Enlazando o proxecto do trimestre, o alumnado de infantil convertiuse en arquitectos, carpinteros, creadores de xirasoles,costureras, tenistas e en cortadores de pasta. A maiores traballaron a simetría cos tapóns dos bebibles das merendas. Seguimos afianzando a coordinación óculo-manual, a direccionalidade, a creatividade, a lateralidade, a pinza dixital, a forza nas dedas e a orientación espacial.