10/11/12
CELEBRAMOS O MAGOSTO
O venres celebramos o Magosto e o Día do Peón.
Fixemos unha exposición de produtos do outono e nas clases decoramos cabazas,noces, castañas, laranxas... elaboramos libros de receitas e quedaron uns traballos moi vistosos. Na biblioteca están expostos os libros de medo por si alguén "se atreve" ir lelos. Como tamén celebramos o Día do Peón, os nenos e nenas decoraron os seus peóns que logo bailaron na festa do Magosto.
Estas son as fotos da festa do Magosto na que comimos castañas asadas (colaborando a ANPA)que estaban boísimas. O conserxe fixo unha demostración asando as castañas ao modo tradicional.
Os nenos e nenas de 6º axudaron pelando as castañas aos de infantil.
Despois de comer e beber (zume ou auga) os nenos/as de 6º leron o manifesto do peón de Brinquedia e todas as clases fixeron unha exhibición de baile do peón no que algúns son uns verdadeiros artistas.
Luke (o noso auxiliar de conversa) tamén o intentou pero con escaso éxito.
9/11/12
EQUIPO DE COLABORADORES DA BIBLIOTECA
Este é o equipo de colaboradores da biblioteca do curso 2012-2013.
Son nenos e nenas de 6º de Primaria que traballarán durante os recreos na organización da biblioteca.
Despois dun "periodo de formación" e unhas rigurosas e duras probas, por fin asinaron o contrato de traballo.
Graciñas a tod@s pola vosa colaboración.
31/10/12
Contacontos "Os quinquilláns"
Tivemos a visita do grupo de teatro "Os quinquilláns" que nos presentaron a obra "Merlín".
Entusiamaron a todos os nenos e nenas dende 1º ata 6º de Primaria (e ás proferoras tamén).
Labels:
contacontos,
merlin,
quinquilláns,
teatro
28/10/12
MASARTÍSTICAS
Video realizado polo grupo Masartísticas para defender a educación artística na educación.
26/10/12
24 DE OUTUBRO- DÍA DA BIBLIOTECA
O día 24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca no colexio. A actividade elexida para esta ocasión foi "Padriños e madriñas de lectura" na que os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Primaria en grupos de padriños e madriñas contaron historias aos afillados e afilladas ( nenos e nenas de infantil, 1º,2º e 3º).
Esta actividade levouse a cabo por todo o centro: no ximnasio, na biblioteca, na clase e ata nos corredores "todo sitio é bo cando hai unha boa historia e un amigo para contarcha".10/10/12
MOCHILAS VIAXEIRAS
29/9/12
SOMOS PLURILINGÜES
Comezamos o curso con dous novos proxectos no colexio. Por un lado somos un centro Plurilingüe e impartiremos a área de Artística (plástica) en inglés en 1º de Educación Primaria. Por outro lado temos unha Sección Bilingüe e tamén será a Plástica a asignatura elexida para impartila en inglés aos alumnos/as de 6º de Primaria.
Por ser centro Plurilingüe imos contar con un Auxiliar de Conversa que axudará aos nenos e nenas a reforzar as habilidades orais.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
