13/6/25

Lavamos a cara: ensaio da mañá de San Xoán. Somos de Covas!!!

Rosalía fixo o seu traballo e coidou de que a auga coas herbas e auga da fonte estivera lista para lavar hoxe a cara. Repartímola para as aulas e cumplimos coa tradición.

Agora tócalle ás familias facelo na casa!!!!

Premede AQUÍ para saber como o fixemos.

Que bo arrecendo deixa esta auga. Ule a verán!!!!






E por fin, lavámola cara 😍😍😍😍😍😍
















Na aula de catro anos montaron a festa completa con fogueira e todo!!!!
E como ben manda a tradición, saltárona👏👏👏👏👏👏👏









                             


12/6/25

TELE COVASMOLA Programa 6: Entre patios, libros e Nikita

 Programa 6 deste curso no que o alumnado de 5° e 6° reflexiona sobre o patio, recomenda libros e achégavos a Nikita, adirectamente desde a India



                             


Hoxe buscamos e atopamos as herbas de San Xoán

Hoxe fumos buscar as herbas de San Xoán para preparar a auga e lavar a cara mañá.
Fiuncho, herba luísa, fento macho, romeu, xesta, herba de San Xoán e malva; recollímolas e fotografiamos os lugares para a exposición dos nosos traballos o vindeiro luns como actividade de peche do PDI "Florece Covasmola".
Esta noite, Rosalía, que luce xa completa e máis fermosa que nunca, é a encargada de coidar da auga de San Xoán e facer a maxia.
Que importante é manter as nosas tradicións!!!
Moitas grazas familias!!!!





                             



10/6/25

As herbas de San Xoán "de Covas"

Empezamos a derradeira actividade de centro do PDI Florece Covasmola "As Herbas de San Xoán". 

Somos de Covas e, que se celebra en Covas?

Pois o San Xoán que xa temos ás portas. Traballaremos a tradición máis arraigada nesta parroquia de Viveiro.

A actividade consiste en traballar as sete herbas de San Xoán entre as distintas aulas, recollelas no entorno próximo e facer a auga para lavar a cara. Aquí lavarámola xa o vindeiro venres 13 como preparación do San Xoán que se celebra o 24 de xuño.

Finalmente, os nenos e nenas de cada aula explicarán ao resto do alumnado todo o que aprendeu da herba traballada.

Contamos coa colaboración das familias e outros menbros da comunidade educativa para localizar as herbas en Covas e poder apañalas cos nenos e nenas do colexio.

PREME NA IMAXE e aprenderedes un pouquiño máis!!!!!!