O alumnado de 6° de infantil preparou a representación do conto tradicional "Unha vella tiña un can" para conmemorar as Letras Galegas 2026.
Está cheíño de música e moito balbordo.
Gozádeo!!!
Felices Letras🤍🩵🤍
CEIP PLURILINGÜE de COVAS-VIVEIRO (LUGO)
O alumnado de 6° de infantil preparou a representación do conto tradicional "Unha vella tiña un can" para conmemorar as Letras Galegas 2026.
Está cheíño de música e moito balbordo.
Gozádeo!!!
Felices Letras🤍🩵🤍
Creamos "A horta de PePu", Pepu é a noso SER COVASMOLA DA HORTA .
Este ser foi deseñando por todos os nenos e nenas da asignatura de Relixión, aínda que na horta participan todos o alumnado do cole.
Todos eles axudaron a crear a este personaxe, fixeron flores, pintaron, puxeronlle lentes, paxaros...
Por que ese nome e non outro? P de planta ou plantar, E de ensinar, P de poder e U de usar as ciencias naturais.
Despois de crear pasamos a acción: fixemos semilleiros de cenoiras, cebolas, cabaciñas, leitugas... unha vez medraron platámolos na horta, todo iso baixo a supervisión (de aí os lentes de Pepu) de PePu.
Agora ela nos avisará do que temos que ir facendo , coidados, regos, recolleita ... Irémosvos informando😉
Na semana das Letras Galegas tivemos unha actividade con Inma Soto titulada "Sinfonía de Contos"
Nela, por medio das letras, la música e da interpretación navegamos pola literatura de xeito apaixoante.
Pero, coñecedes a Inma? Pois Inma Soto é a autora de "Xela, heroína de aldea". Antes de marchar Lolo, acompañado polos Seres Covasmola, pediulle se nos asinaba o noso exemplar da Bibliocovas.
Infinitas grazas Inma Soto!!! (e Tamara Soto pola túa música)