21/2/09

UN ENTROIDO DE " CONTO"

Este ano o Entroido estivo adicado aos contos tradicionais e tivemos no colexio personaxes tan famosos como:
"BRANCANEVES E OS 7 ANANIÑOS"(ou eran máis?), "CINCENTA" co seu zapato, "101 ( ou 102 ou había 103?...) DALMATAS" con Cruela Devil que estaba disposta a facer outro abrigo de pel,"ALICIA" (en realidade había dúas ou tres)NO PAÍS DAS MARABILLAS (Viveiro),os piratas buscando "A ILLA DO TESOURO" e coido que o atoparon aínda que tiñan que ter coidado con "ALÍ-BABÁ E OS 40 LADRÓNS" que levaban todo o que vian ,non faltaron "OS TRES PORQUIÑOS"(moi amigos do lobo), "CARAPUCHIÑA VERMELLA, A BRUXA, PINOCHO" e houbo filloas,rosquiñas, orellas...para comer e tamén música... queredes máis?


1 comentario:

Antía dijo...

Hola, son Antía Eijo e estiven o ano anterior no C.E.I.P. de Covas, no que agora cursa meu irmán.
Estiven vendo as imaxes do blog e gustaronme moito.
So quería felicitarvos por esta gran idea e outras máis que se vos ocorreron este ano e que cando eu cursaba no colexo non existían.

Saúdos e bicos