18/4/09

SEMANA DA LECTURA NO COLE

O día 23 de abril celébrase o "DIA MUNDIAL DO LIBRO E DEREITOS DE AUTOR".

Este día do ano 1616 morrían MIGUEL DE CERVANTES, WILLIAM SHAKESPEARE E O INCA GARCILASO.

Por este motivo esta data foi a elexida pola UNESCO para rendir unha homenaxe mundial ao libro e aos seus autores, e alentar a tod@s, en especial aos máis novos, a descubrir o placer da lectura.
O equipo da biblioteca propón a actividade "NÓS TAMÉN CONTAMOS" na que os nen@s irán a ler, recitar, contar, cantar, dramatizar... a outras clases do cole.
Esta é unha actividade que xa está sistematizada no noso colexio e que gusta moito tanto aos nen@s como ao profesorado .
(se queres saber máis de CERVANTES,SHAKESPEARE OU GARCILASO... PREME NOS SEUS NOMES)
XA VOS CONTAREI !!!!

1 comentario:

antigasalumnascovas dijo...

Ola, somos: Andrea fdez.,Andrea Franco, Raquel, Antia,Xiana e Rebeca. Que esta moi ben a idea do blog e que nos gustan moito as cousas novas na escola. Bicos.