Os nenos e nenas de 1º vamos á biblioteca todas as semanas para coller un libro e levalo para á casa ou lelo na clase durante a "hora de ler".
Cando chegamos á biblioteca collemos o LIBROCALIZADOR.
Despois eleximos o libro que máis nos gusta.
Ensiñamos o carné da biblioteca á profesora encargada dos empréstitos e rexistra o libro no ordenador para saber que libro leva cada neno/a.
29/10/13
26/10/13
LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no contexto das actuacións do PLAN LÍA de bibliotecas escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), publica cada ano uns carteis divulgativos que
pretenden facer visible as distintas posibilidades da biblioteca
escolar como apoio ao desenvolvemento do currículo e como instrumento
fundamental para a formación das persoas lectoras.
O lema elixido para este curso 2013/2014, LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR,trata
de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter
científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan
temas relacionados coa ciencia. Todos estes contidos teñen cabidana
biblioteca e enriquecen a bagaxe lectora do alumnado.
A ilustración é de
PATRICIA CASTELAO.
25/10/13
10/10/13
9/10/13
TIVEMOS TEATRO NA BIBLIOTECA
Comezamos o curso coa visita de LEDA TEATRO que representou a obra "A súa vida". Un espectáculo que divirtiu moito aos rapaces e rapazas de primaria.
Os dous actores tiveron aos nenos/as abraiados dende o principio coa historia dun neno e unha nena dende que eran bebés ata a súa vellez.
Aquí tedes as fotos.
Labels:
a súa vida,
Leda teatro,
primaria,
teatro
Suscribirse a:
Entradas (Atom)