A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no contexto das actuacións do PLAN LÍA de bibliotecas escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), publica cada ano uns carteis divulgativos que
pretenden facer visible as distintas posibilidades da biblioteca
escolar como apoio ao desenvolvemento do currículo e como instrumento
fundamental para a formación das persoas lectoras.
O lema elixido para este curso 2013/2014, LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR,trata
de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter
científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan
temas relacionados coa ciencia. Todos estes contidos teñen cabidana
biblioteca e enriquecen a bagaxe lectora do alumnado.
A ilustración é de
PATRICIA CASTELAO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario