4/2/14

ASÍ CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

O obxectivo desta conmemoración é "fomentar a cultura da paz e a non violencia nos nosos alumnos/s a través de actividades que impliquen cooperación, tolerancia e respecto aos demais". Contamos fai uns días coa visita dunha colaboradora da asociación de acollida de nenos/as dos campos de refuxiados do Sáhara que nos amosou un video sobre a vida no deserto e deunos unha pequena charla aos nenos/as do centro contando como viven outros nenos/as e outras culturas. Quixemos colaborar con estes nenos/as enchendo un "Contenedor de material escolar para o Sáhara" aportado por todos os nenos e nenas do centro. Este pequeno acto estivo acompañado de música da canción “Mandela” de Pablo Milanés. Este ano decidimos facerlle unha pequena homenaxe a Nelson Mandela, premio Nobel da Paz en 1994 na que os nenos e nenas de 6º escribiron e leron unha breve biografía e algunhas das frases pronunciadas por el e que temos exposto en posters polo colexio. Ademais cantamos unha canción adicada a Mandela (Asimbonanga). Os nenos/as leron varias frases de Mandela adicadas ao deporte, á participación e colaboración cos demais. Todo o alumnado do centro bailou unha danza sobre a importancia da non violencia e a paz e ademais un grupo de alumnas. de 6º sorprendeu cunha danza que acompañaron todos os nenos e nenas. Como o tema da biblioteca deste curso está adicado á ALIMENTACIÓN , elaboramos un ABECEDARIO DE ALIMENTOS DE PAZ entre todos os nenos e nenas do centro.

No hay comentarios: